DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 20 de outubro de 2006 Páx. 15.583

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 10 de outubro de 2006 pola que se modifica o punto décimo primeiro da Orde do 13 de xullo de 2006 (Diario Oficial de Galicia do 24 de xullo) pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias das axudas para o fomento da innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2006.

Por Orde do 13 de xullo de 2006 aprobáronse as bases que rexen as convocatorias de axudas para o fomento da innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2006.

No punto décimo primeiro da dita orde establécese que para poder percibir as axudas, será preciso presentar, na data límite do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a documentación requirida.

Tendo en conta o atraso que se vai producir na resolución das ditas axudas, motivado polo volume de solicitudes presentadas e polo longo proceso de avaliación, e co fin de viabilizar o proceso de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros,

DISPOÑO:

A modificación do punto décimo primeiro da Orde do 13 de xullo de 2006 pola que se aproban as bases que rexen as convocatorias de axudas para o fomento da innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2006, no referente ao prazo de presentación dos xustificantes correspondentes aos gastos realizados no ano 2006, do seguinte xeito:

O prazo, para cada procedemento (modalidade de axuda), será regulado na publicación da resolución de adxudicación deste que, en todo caso, non poderá ser posterior ao 30 de novembro de 2006.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2006.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria