DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 19 de outubro de 2006 Páx. 15.538

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 11 de outubro de 2006 pola que se modifica a do 16 de maio de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións para o fomento de infraestruturas turísticas no medio rural e se procede á súa convocatoria para o ano 2006.

A Orde do 16 de maio de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións para o fomento de infraestruturas turísticas no medio rural e se procede á súa convocatoria para o ano 2006 (DOG nº 101, do 29 de maio) establece no seu artigo 9.1º a data límite para a presentación de xustificación do investimento executado por parte dos beneficiarios das subvencións concedidas.

Non obstante, visto que o prazo concedido para a devandita xustificación é insuficiente para a súa realización, cómpre modificar o artigo anterior no sentido de ampliar o prazo citado.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O artigo 9º, no seu número 1, queda redactado como segue:

«1. Os beneficiarios de subvencións concedidas en virtude desta orde terán como data límite, para a presentación de xustificación do investimento executado, o 30 de novembro de 2006».

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2006.

Fernando X. Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria