DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 19 de outubro de 2006 Páx. 15.538

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2006, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Resolución do 9 de xuño de 2006 pola que se establecen as subvencións para o desenvolvemento de programas de integración laboral destinados a persoas retornadas e inmigrantes e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co establecido no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no artigo 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e de acordo co disposto no artigo 9 da Resolución do 28 de setembro de 2006, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Resolución do 9 de xuño de 2006 pola que se establecen as subvencións para o desenvolvemento de programas de integración laboral destinados a persoas retornadas e inmigrantes e se procede á súa convocatoria, procédese á publicación das axudas concedidas ao abeiro da devandita resolución de convocatoria.

Finalidade da axuda: estas axudas teñen como finalidade promover e fomentar a integración laboral das persoas retornadas e inmigrantes, mediante o financiamento de programas e accións de apoio á inserción laboral destes colectivos migrantes, realizados por asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades neste ámbito.

Norma reguladora: Resolución do 9 de xuño de 2006 pola que se establecen as subvencións para o desenvolvemento de programas de integración laboral destinados a persoas retornadas e inmigrantes e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia nº 115, do 16 de xuño).

Aplicación orzamentaria: 04.50.213A.480.0.

Crédito orzamentario: 200.000 euros.

Asociacións e entidades beneficiarias con indicación do importe da axuda concedida a cada unha delas, por orde alfabética: figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2006.

Manuel Luis Rodríguez González

Secretario xeral de Emigración

ANEXO

ENTIDADES BENEFICIARIASIMPORTE

DA AXUDA

ASOC. DE ALUMNOS Y EX-ALUM. DEL CENTRO SAN PABLO DE EDUCACIÓN PERM. DE ADULTOS (AEXPA)4.380 A

ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E AUTÓNOMOS DE GALICIA7.190 A

ASOCIACIÓN DE EMIGRANTES RETORNADOS DA MAHIA4.560 A

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SADA E AS MARIÑAS5.080 A

ASOCIACIÓN ECOS DO SUR7.190 A

ASOCIACIÓN EMPRENDE OURENSE5.080 A

ASOCIACIÓN GALEGA DE EMIGRANTES RETORNADOS2.180 A

ASOCIACIÓN GALICIA TERRA DE ACOLLIDA5.960 A

ASOCIACIÓN GALLEGA PRO DESARROLLO DE AFRICA (EQUUS ZEBRA)6.310 A

ENTIDADES BENEFICIARIASIMPORTE

DA AXUDA

ASOCIACIÓN MAGREBÍ EL WAFA2.480 A

ASOCIACIÓN MESTURA PARA A INTEGRACIÓN SOCIAL DE LOS INMIGRANTES Y EMIGRANTES2.530 A

ASOCIACIÓN PARA A PROMOCIÓN SOCIAL E INSERCIÓN LABORAL PLATAFORMA POLO EMPREGO7.540 A

ASOCIACIÓN PARA EL DESARROLLO SOCIOCULTURAL, FORMACIÓN Y EMPLEO (ASFEM)5.080 A

CÁRITAS DIOCESANA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA10.340 A

CENTRO ARGENTINO Y ASOCIACIÓN LATINOAMERICANA DE CARBALLIÑO3.120 A

CIMO ENTIDAD PRESTADORA DE SERVICIOS7.010 A

CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (CIG)14.030 A

CRUZ ROJA ESPAÑOLA9.990 A

ECODESARROLLO GAIA7.010 A

FUNDACIÓN DE ESTUDIOS E ANÁLISIS (FESAN)8.070 A

FUNDACIÓN ÉRGUETE-INTEGRACIÓN9.640 A

FUNDACIÓN JUANSOÑADOR5.960 A

FUNDACIÓN MESTRE MATEO4.380 A

FUNDACIÓN NORTEMPO7.190 A

FUNDACIÓN PARA A ORIENTACIÓN PROFESIONAL, EMPREGO E FORMACIÓN EN GALICIA (FORGA)13.150 A

FUNDACIÓN RONSEL6.490 A

FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA6.840 A

HERMANAS OBLATAS DEL SANTÍSIMO REDENTOR-CENTRO DE RECURSOS PARA A MULLER O MENCER7.190 A

UNIÓN XERAL DE TRABALLADORES DE GALICIA (UGT-GALICIA)14.030 A