DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 18 de outubro de 2006 Páx. 15.498

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2006 pola que se fai pública a composición da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA).

O Decreto 270/2003, do 22 de maio, regulador da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (DOG nº 107, do 4 de xuño), establece no seu artigo 14 que para a emisión de informes, avaliación, certificación e acreditación, se crea, dentro do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA).

O artigo 16 do citado decreto regula a composición da CGIACA, establecendo que o seu presidente será o director xeral de Universidades, o seu vicepresidente será o director xeral de Investigación e Desenvolvemento, e serán vogais: o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, dous designados polo conselleiro competente en materia universitaria e tres máis, designados, un por cada universidade do Sistema Universitario de Galicia, nomeados polos seus reitores respectivos.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 18 do citado decreto, a CGIACA tamén contará con comités de asesores expertos, que realizarán as avaliacións para cada un dos campos científicos nos que aquela se estrutura.

Para darlle cumprimento ao disposto legalmente, as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo comunicaron no seu día, a súa designación dos membros da CGIACA. Do mesmo xeito, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procedeu a unha nova designación dos seu respectivos membros. Por todo isto,

DISPONSE:

Artigo único.-Facer pública a composición da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), que estará constituída polos seguintes membros:

1. Presidente: José Ramón Leis Fidalgo, director xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

2. Vicepresidente: Salustiano Mato de la Iglesia, director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

3. Vogais:

a) Pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia:

-Julio Ernesto Abalde Alonso, director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galica.

b) En representación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

-Celso Rodríguez Fernández, profesor do Departamento de Álxebra da Universidade de Santiago de Compostela.

-Francisco Javier de Vicente Remesal, profesor de dereito penal da Universidade de Vigo.

c) En representación da Universidade de Santiago de Compostela:

-Pedro Faraldo Roca, adxunto da vicerreitora de Calidade e Planificación Estratéxica.

d) En representación da Universidade da Coruña:

-Enrique Martínez Ansemil, profesor da Área de zooloxía.

e) En representación da Universidade de Vigo:

-Eduardo Godoy Malvar, profesor de matemática aplicada.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2006.

Manuel Cecilio Díaz y Díaz

Presidente do Consello de Dirección da Axencia

para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA