DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 18 de outubro de 2006 Páx. 15.494

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

ORDE do 16 de outubro de 2006 pola que se modifica a do 28 de setembro de 2006 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada polos traballadores de empresas auxiliares do complexo ambiental de Cerceda, que comezará o vindeiro día 2 de outubro de 2006 e se estenderá desde a dita data con carácter indefinido.

Na data do 29 de setembro de 2006, publícase no Diario Oficial de Galicia nº 189, a Orde do 28 de setembro de 2006 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada polos traballadores de empresas auxiliares do complexo ambiental de Cerceda, que comezará o vindeiro día 2 de outubro de 2006 e se estenderá desde a dita data con carácter indefinido.

Ata a data de hoxe, os servizos mínimos fixados pola Orde do 28 de setembro de 2006 resultaron suficientes para que non se vise comprometida a continuidade da prestación do servizo público de xestión de residuos urbanos.

Non obstante o anterior, o 15 de outubro de 2006 produciuse un incidente na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible que obrigou a parar completamente a súa actividade, imposibilitando a continuidade da prestación do servizo público protexido mediante a referida Orde do 28 de setembro de 2006. A planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible é a encargada de fabricar, a partir dos residuos que chegan ao complexo, o combustible derivado dos residuos (tecnicamente chamado CDR), que é o que logo se queima na planta termoeléctrica. Polo tanto, se esta instalación queda fóra de servizo, o tratamento dos residuos no complexo é imposible, pois a mencionada planta termoeléctrica non pode queimar os residuos sen a transformación previa neste combustible CDR. Este feito fai imprescindible, unha vez oído o Comité de folga (artigo 1 do Decreto 155/do 9 de xuño), a ampliación dos efectivos incluídos na Orde do 28 de setembro de 2006, para o depósito temporal no

persoal que se especifica na presente orde durante as horas de folga.

Con base no anterior e de conformidade co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e no Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan as normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da comunidade autónoma,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 1 da Orde do 28 de setembro de 2006 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada polos traballadores de empresas auxiliares do complexo ambiental de Cerceda, que comezará o vindeiro día 2 de outubro de 2006 e se estenderá desde a dita data con carácter indefinido, no sentido de ampliar polas razóns expostas os servizos mínimos correspondentes ao depósito temporal, mantendo inalterable os restantes termos deste artigo, e que queda redactada como segue:

«Artigo 1º.

A convocatoria de folga que afecta os traballadores das empresas auxiliares do complexo ambiental de Cerceda que se iniciará o vindeiro día 2 de outubro de 2006 e que se estenderá desde a dita data con carácter indefinido, enténdese condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen a continuación:

-Planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible.

Pulpista: 1 por quenda.

1 axente de circulación e 1 axudante en quenda de mañá e 1 axente de circulación e 1 axudante en quenda de tarde.

Triadores: 4 por quenda.

Rondista: 1 por quenda.

Xefe de quenda: 1 por quenda.

Operadores de planta: 1 por quenda.

Operador de pa: 1 por quenda.

Condutor camión: 1 por quenda.

Operario secadoiro: 1 por quenda.

Operario trituradoras: 1 por quenda.

Se os paros se prolongan máis dunha semana incluirá persoal de mantemento mecánico: 1 encargado e 2 oficiais.

-Bolsa amarela.

Encargado: 1 en quenda de mañá e 1 en quenda de tarde.

-Planta de coxeneración. Planta termoeléctrica.

Comúns.

Xefe de quenda: 1 por quenda.

Operador: 1 por quenda.

Rondista: 1 por quenda.

Ensacado de cinzas: 1 xefe de quenda por quenda.

Ensacado de cinzas: 2 en quenda de mañá e 2 en quenda de tarde.

Condutor de cinzas: 1 en quenda de mañá e 1 en quenda de tarde.

Escouras: 1 por quenda.

Retén: 2 por quenda.

-Depuradoras.

CMC. 1 por quenda.

Depósito temporal: 1 por quenda.

-Control de accesos CMC.

Control de accesos: 1 por quenda.

-Depósito temporal.

Control de entrada: 1 por quenda.

Encargado: 1 por quenda.

2 condutores de camión por quenda de traballo.

2 operadores de pa por quenda de traballo».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2006.

Manuel Vázquez Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente e

Desenvolvemento Sostible