DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 18 de outubro de 2006 Páx. 15.494

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 15 de setembro de 2006 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións do Instituto Enerxético de Galicia.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no se artigo 51, establece as obrigas de que os prezos privados os fixen as consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e de que tales prezos se publiquen no Diario Oficial de Galicia.

En cumprimento deste mandato legal, e unha vez emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público das publicacións editadas polo Instituto Enerxético de Galicia que se consignan no anexo desta orde.

2. No prezo atópase incluído o imposto sobre o valor engadido.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2006.

Fernando X. Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria

ANEXO

-Balance Enerxético de Galicia 2004: 6 euros.