Dentro das actividades programadas para o ano 2006, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a realización dun curso de actualización na operativa da intervención policial, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:
Obxectivos.
-Ampliación de coñecementos sobre as últimas técnicas de intervención e actuación diante das distintas situacións problemáticas que se poidan producir no traballo e na función policial.
Destinatarios.
O curso vai dirixido aos membros dos corpos de Policía local dos concellos de Galicia e aos membros da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
Prazas.
30 prazas.
Solicitudes.
1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 10 de novembro ás 14.00 horas.
3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Datas.
O curso desenvolverase durante os días 20, 21, 22, 23, 24, 27 e 28 de novembro de 2006.
O horario será das 16.00 ás 20.30 horas, cunha duración de 30 horas lectivas.
Contido.
Curso fundamentalmente práctico.
-Módulo I. Técnicas básicas de intervención policial ante distintas situacións.
-Módulo II. Prácticas de técnicas operativas de intervención policial.
Relación de admitidos.
A relación de admitidos farase pública o día 15 de novembro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia e na páxina web http://cexesga.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.
Lugar.
O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.
Certificado de asistencia.
Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nel.
Modificacións.
O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Estrada, 4 de outubro de 2006.
Carlos Suárez-Mira Rodríguez
Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais
e Seguridade Pública de Galicia
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA