Dentro das actividades programadas para o ano 2006, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a realización dun curso básico de transportes, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:
Obxectivos.
Actualizar os membros dos corpos de policía local nos coñecementos e normativa necesarios que lles
poidan ser útiles no desempeño posterior do seu labor profesional.
Destinatarios.
O curso vai dirixido aos membros dos corpos de Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
Prazas.
40 prazas.
Solicitudes.
1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 3 de novembro ás 14.00 horas.
3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Datas.
O curso realizarase en datas do 13 ao 15 de novembro, cunha duración de 20 horas lectivas.
Contido.
I. Ámbito e normativa de aplicación. Clasificación. Títulos habilitantes. Distintivos.
II. Transporte de mercadorías perigosas.
III. Aparello de control tacógrafo. Tempos de condución e descanso.
IV. Prestación de servizos: transporte escolar, mercadorías perecedoiras, taxis, etc.
V. Práctica de inspección e procedemento sancionador. Documentos de control.
Relación de admitidos.
A relación de admitidos farase pública o día 8 de novembro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia e na páxina web http://cexesga.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.
Lugar.
O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.
Certificado de asistencia.
Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nel.
Modificacións.
O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Estrada, 4 de outubro de 2006.
Carlos Suárez-Mira Rodríguez
Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais
e Seguridade Pública de Galicia