DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 13 de outubro de 2006 Páx. 15.276

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2006 pola que se convoca un curso sobre operadores de radar.

Dentro das actividades programadas para o ano 2006, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a realización dun curso sobre operadores de radar, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Dotar os membros dos corpos das policías locais de Galicia dos coñecementos teóricos e prácticos suficientes para o manexo dos cinemómetros, garantindo unha maior profesionalidade e preparación técnica adecuada para a comparecencia ante a autoridade xudicial.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local dos concellos de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 31 de outubro de 2006, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 7 ao 9 de novembro.

O horario será das 9.30 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.00 horas os días 7 e 8; e o día 9 en horario das 9.30 ás 13.30 horas, cunha duración de 20 horas lectivas.

Contido.

-Teoría do radar estático e do radar móbil.

-Técnica de medición con equipamentos estáticos e móbiles.

-Teoría da programación do equipamento.

-Teoría da fotografía co radar.

-Prácticas en vías urbanas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 3 de novembro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia e na páxina web http://cexesga.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar.

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nel.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 4 de outubro de 2006.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia