DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 13 de outubro de 2006 Páx. 15.275

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2006 pola que se convoca un curso de actualización na operativa da intervención policial.

Dentro das actividades programadas para o ano 2006, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Deputación Provincial de Pontevedra, anúnciase a celebración dun curso de actualización na operativa da intervención policial, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Ampliación de coñecementos sobre as últimas técnicas de intervención e actuación diante das distintas situacións problemáticas que se poidan producir no traballo e na función policial.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local da provincia de Pontevedra.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 30 de outubro de 2006, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Pontevedra, Área de Recursos Humanos e Formación (fax: 986 80 41 41): avenida Montero Ríos, s/n, 36001 Pontevedra; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso desenvolverase durante os días 6, 7, 8, 9, 10, 13 e 14 de novembro de 2006.

O horario será de 16.00 a 20.30 horas, cunha duración de 30 horas lectivas.

Contido.

Curso fundamentalmente práctico.

-Módulo I: técnicas básicas de intervención policial ante distintas situacións.

-Módulo II: prácticas de técnicas operativas de intervención policial.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase publica o día 2 de novembro a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial de Pontevedra como polo Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 02 42/43/44 (Cexesga) e na páxina web http://cexesga.xunta.es, ou 986 80 41 00, ext. 306/307 (Área de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra).

Lugar.

O curso desenvolverase no Pazo de Exposicións e Congresos do Concello de Pontevedra, rúa Alexandre Bóveda, s/n.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

Tanto o Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia como a Deputación Provincial da Coruña, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 28 de setembro de 2006.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia