DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 13 de outubro de 2006 Páx. 15.270

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 6 de outubro de 2006 pola que se modifica a do 7 de marzo de 2006 pola que se convocan subvencións para a mellora de establecementos de cafetarías, cafés, bares e restaurantes.

A Orde do 7 de marzo de 2006 pola que se convocan subvencións para a mellora de establecementos de cafetarías, cafés, bares e restaurantes (DOG nº 52, do 15 de marzo) establece no seu artigo 8º.1 a data límite para a presentación de xustificación do investimento executado por parte dos beneficiarios das subvencións concedidas.

Non obstante, visto que o prazo concedido para a devandita xustificación é insuficiente para a súa realización, cómpre modificar o artigo anterior no sentido de ampliar o prazo citado.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O artigo 8º, no seu número 1, queda redactado como segue:

«1. Os beneficiarios de subvencións concedidas en virtude da presente orde terán como data límite, para a presentación de xustificación do investimento executado, o 15 de novembro de 2006».

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2006.

Fernando X. Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria