DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 11 de outubro de 2006 Páx. 15.199

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 5 de outubro de 2006 pola que se nomea vogal representante da Comunidade Autónoma de Galicia nos consellos de administración das autoridades portuarias da Coruña e de Marín e ría de Pontevedra.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002 modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o titular da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación dos vogais dos consellos de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración e, ao terse producido vacante por falecemento de Manuel Cabirta Garrido, vogal representante desta consellería, é polo que, ao abeiro do disposto no devandito artigo 40 da Lei 27/1992, e, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

Nomear, como vogal dos consellos de administración das autoridades portuarias da Coruña e de Marín

e ría de Pontevedra, e en representación da Xunta de Galicia, a José Manuel López Rodríguez.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2006.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA