DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 10 de outubro de 2006 Páx. 15.126

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 26 de setembro de 2006 pola que se modifica a Orde do 26 de febreiro de 1993 pola que se regula a expedición de ordes de pagamento para xustificar.

Como consecuencia dos cambios introducidos pola modificación da estrutura orgánica da Xunta de Galicia, establecida polos decretos 21/2005, do 3 de agosto e 232/2005, do 11 de agosto, producíronse variacións nas clasificacións orgánicas e funcionais de gasto que afectan as aplicacións orzamentarias con cargo ás que se poderán emitir ordes de pagamento para xustificar.

Así mesmo, e por razóns de operatividade dos distintos centros xestores de gasto, para os efectos de axilizar a tramitación das futuras actualizacións das aplicacións orzamentarias con cargo ás que se poderán emitir ordes de pagamento para xustificar, engádese unha disposición adicional á Orde do 26 de febreiro de 1993, modificada polas ordes do 8 de abril de 1994, do 14 de xuño de 1999, do 30 de xuño de 2000 e do 27 de abril de 2005.

Por todo o anteriormente exposto,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Engádese unha disposición adicional á Orde do 26 de febreiro de 1993 pola que se regula a expedición de ordes de pagamento para xustificar:

«Disposición adicional

A actualización do anexo previsto na presente orde levarase a cabo mediante resolución da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia».

Artigo segundo.-Como anexo a esta orde relaciónanse as aplicacións orzamentarias con cargo ás que se poderán emitir ordes de pagamento para xustificar.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas as ordes do 27 de abril de 2005, do 30 de xuño de 2000, do 14 de xuño de 1999 e do 8 de abril de 1994 de modificación do anexo da Orde do 26 de febreiro de 1993 e o anexo previsto na Orde do 26 de febreiro de 1993.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2006.

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

Aplicacións orzamentarias con cargo ás que se poderán emitir ordes de pagamento para xustificar

1. Con carácter xeral:

Capítulo II «Gastos en bens correntes e servizos» coa excepción do concepto 227 «Traballos realizados por outras empresas».

Capítulo IV «Transferencias correntes» unicamente ao artigo 48 «Familias e institucións sen fins de lucro», debendo axustarse ao disposto nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e ao artigo 40 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

2. Con carácter particular:

EntidadeAplicacións orzamentarias

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar05.10.211A.640.0

05.10.211A.640.1

05.10.211B.640.0

05.10.441A.640.0

05.31.212A.640.1

05.31.212A.640.2

05.31.212B.640.1

05.31.212D.640.1

05.32.212F.640.0

05.32.355B.640.1

05.32.355B.640.2

05.32.355B.640.3

05.32.355B.640.4

05.32.355B.640.5

05.32.355B.640.6

05.32.355B.640.7

05.32.355B.640.8

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria09.322A.480.0

09.322A.480.1

09.322D.480.0

09.322I.640.1

09.322S.640.1

09.322T.480.0

09.322T.480.1

09.323A.480.0

09.323A.481.1

09.323A.481.2

Consellería do Medio Rural11.422C.601.1

11.422C.640.1

11.422D.628.1

11.432A.640

11.613A.640.1

11.614A.628.1

11.614A.640

11.614C.604

11.614C.640.1

11.615A.640

11.422C.622.1

11.422C.628.1

11.611A.640

EntidadeAplicacións orzamentarias

Consellería de Cultura e Deporte12.02.352A.640

12.02.353A.640

12.02.354A.640

12.02.357A.640

Consellería de Sanidade13.02.313A.640.2

13.02.313A.640.4

13.02.313A.640.8

13.02.313A.640.9

Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos14.342A.640.1

14.612B.640

14.614B.640

Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible15.342A.601

15.342A.640.1

15.432A.640

Consellería de Traballo16.04.214B.640.0

16.04.214A.640.0

Instituto Galego de Estatística07.80.441A.640.1

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA