DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 09 de outubro de 2006 Páx. 15.064

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2006 pola que se fai público o contido do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas, para a habilitación dunha liña de financiamento específica para proxectos de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Con data do 25 de setembro de 2006, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e diversas entidades financeiras asinaron un convenio de colaboración para a creación dunha liña de financiamento específica para proxectos innovadores das Pemes galegas.

Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape,

RESOLVO:

Facer público o texto do convenio que se anexa a esta resolución e a relación de entidades adheridas que figura como anexo IX.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2006.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas, para a habilitación dunha liña de financiamento específico para proxectos de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2006.

Reunidos:

-José Ramón Fernández Antonio, conselleiro de Economía e Facenda, en nome e representación do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante Igape), na súa calidade de presidente, representación nata que lle corresponde de acordo coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape.

-Margarita Fernández Antonio, directora xeral da entidade Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra e Ourense, S.G.R. (en diante Sogarpo), con poderes suficientes para este acto.

-Manuel Alonso Fraile, director xeral da entidade Afianzamentos de Galicia, S.G.R. (en diante Afigal), con poderes suficientes para este acto.

Considerando:

-Que o acceso ao financiamento dos investimentos e gastos específicos para a execución de proxectos innovadores por parte das pequenas e medianas empresas galegas é unha das barreiras principais con que se atopan e que o crédito bancario, que constitúe xeralmente a única fonte externa de financiamento, atopa as principais dificultades na achega de garantías de reembolso suficientes no elevado grao de incertidume que representan este tipo de operacións.

-A importancia do papel desempeñado polas sociedades de garantía recíproca no apoio á innovación, prestando servizos de asesoramento e facilitando o acceso ás fontes de financiamento.

As partes, previamente postas de acordo, conveñen en subscribir un convenio para poñer a disposición das Pemes galegas durante o ano 2006 unha liña de préstamos que facilite o financiamento de proxectos innovadores.

Cláusula 1ª.-Obxecto.

1.1. Obxecto.

Este convenio ten por obxecto definir os termos de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas, para a creación dunha liña de financiamento específica para proxectos innovadores das Pemes galegas.

1.2. Importe dos préstamos.

O importe do principal dos préstamos subscritos ao abeiro deste convenio non poderá ser inferior a 25.000 A nin superar os 120.000 euros. Excepcionalmente poderán concederse préstamos dun importe superior, tendo que constar previamente a autorización do Igape.

Cláusula 2ª.-Beneficiarios.

Poderán acceder ao mecanismo de financiamento previsto neste convenio aquelas pequenas e medianas empresas segundo a definición da Comisión Europea,

feita pública para efectos do Igape mediante Resolución do 27 de decembro de 2004 (DOG nº 11, do 18 de xaneiro de 2005), que exerzan ou teñan intención de exercer en Galicia algunha das actividades recollidas no anexo II deste convenio, baixo calquera forma de persoa xurídica de obxecto empresarial, e que presenten un diagnóstico tecnolóxico e de innovación que xustifique a idoneidade e viabilidade do proxecto innovador que se vai financiar, especificando o tipo de custos para financiar.

Cláusula 3ª.-Compatibilidade.

Os préstamos formalizados ao abeiro deste convenio serán compatibles con outras fontes de financiamento públicas e/ou privadas, tanto subvencións como préstamos.

Cláusula 4ª.-Características dos proxectos innovadores.

4.1. Obxecto do investimento.

Os beneficiarios deberán identificar no seu diagnóstico os custos para financiar e unha análise de rendibilidade do proxecto para un horizonte de cinco anos da operación de préstamo solicitada.

4.2. Conceptos de investimento financiables.

Serán financiables os custos realizados e pagados con posterioridade á presentación da solicitude completa no Igape que se materialicen en:

-Investimento en activos fixos novos produtivos destinados á mellora e modernización do compoñente tecnolóxico da empresa.

-Por activos produtivos deberán entenderse aqueles bens que, directa ou indirectamente, permiten realizar a actividade principal da empresa descrita no seu obxecto social.

-Por activos novos deberán entenderse aqueles que se adquiran a un terceiro e supoñan unha primeira transmisión do ben, o que será xustificado coa documentación e facturas correspondentes.

-A parte correspondente a investimentos inmateriais, se é o caso (persoal, materiais, colaboracións externas con institucións tecnolóxicas e outros centros, custos de materiais para probas e ensaios e outros custos indirectos), non superará o 25% do total do proxecto de investimento.

-As achegas realizadas ás sociedades de garantía recíproca para dar cumprimento ás condicións establecidas neste convenio.

O investimento deberá manterse un prazo mínimo de 5 anos, sen prexuízo da súa substitución en caso de obsolescencia e sempre e cando a actividade económica se manteña en Galicia durante o dito prazo.

Cláusula 5ª.-Características das operacións de financiamento.

5.1. Criterios de concesión.

Os proxectos analizaranse baseándose na súa viabilidade, tanto desde o punto de vista da súa dimensión como da capacidade financeira do solicitante.

5.2. Importe.

O importe das operacións financeiras que se formalicen ao abeiro deste convenio con destino ao financiamento dos conceptos sinalados na cláusula cuarta anterior será como mínimo de 25.000 euros e como máximo de 120.000 A.

Ao mesmo tempo, o risco vivo de cada empresa por operacións financeiras formalizadas ao abeiro deste convenio non poderá superar os 120.000 euros.

O importe do préstamo non poderá superar o 75% dos custos financiables.

5.3. Sistema de amortización.

O prazo de reembolso ás entidades financeiras das operacións acollidas a este convenio será de 5 a 7 anos, incluído ata 1 ano de carencia na amortización do principal. Establécense dous sistemas de amortización optativos:

Sistema de amortización lineal: as amortizacións realizaranse polo prestameiro en cotas de amortización de capital trimestrais iguais, con vencemento o último día do trimestre natural, debendo recoller a póliza ou escritura o número de cotas e as datas en que se producirán a primeira e a última.

Sistema de amortización francés: as amortizacións realizaranse polo prestameiro en cotas de amortización de capital e xuros mensuais iguais, con vencemento o último día do mes natural, debendo recoller a póliza ou escritura o número de cotas e as datas en que se producirán a primeira e a última.

O préstamo poderá ser amortizado de forma anticipada, total ou parcialmente, a vontade do prestameiro. As amortizacións anticipadas parciais que, se é o caso, realice voluntariamente o prestameiro deberán aplicarse a reducir en igual contía as cotas de amortización restantes, sen que se produzan variacións no prazo de amortización do préstamo.

5.4. Liquidación de xuros.

Sistema de amortización lineal: a liquidación de xuros, igual que as amortizacións, será por trimestres naturais vencidos, para devengar o último día do trimestre natural, calculándose os xuros en función do capital vivo, agás para o período de carencia, no cal a cota de xuros se determinará en función do préstamo efectivamente disposto.

Os trimestres serán sempre de 90 días e todos os meses de 30 días, computándose estes para a liquidación desde a data de disposición, incluída esta.

Sistema de amortización francés: a liquidación de xuros, igual que as amortizacións, será por meses naturais vencidos, para devengar o último día do mes natural, calculándose os xuros en función do capital vivo, agás para o período de carencia, no cal a cota de xuros se determinará en función do préstamo efectivamente disposto.

Os meses serán sempre de 30 días, computándose estes para a liquidación desde a data de disposición, incluída esta.

5.5. Tipo de xuro.

O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas ao presente convenio e o seu sistema de variación establécense do seguinte xeito:

Primeiro.-O tipo de xuro variará por semestres naturais e determinarase de acordo coa seguinte norma:

Tipo de referencia: para o primeiro semestre de cada ano calcularase como a media aritmética simple dos tipos diarios do Euríbor a prazo de 6 meses correspondentes ao mes de novembro do ano anterior. Para o segundo semestre será a media aritmética simple dos tipos diarios do Euríbor a prazo de 6 meses correspondentes ao mes de maio do mesmo ano.

Tipo adicional: 0,25 puntos.

O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ao tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Para os efectos deste convenio, enténdese por Euríbor (Euro Interbank Offered Rate = tipo interbancario ofrecido en euros) a prazo de 6 meses, como o tipo de xuro de oferta, para depósitos interbancarios en euros a prazo de 6 meses, publicado pola Federación Bancaria Europea ou pola entidade pública ou privada, española ou da Unión Europea, designada para iso.

Segundo.-Para o segundo semestre do ano 2006, o tipo de xuro nominal será o 3,30%.

No caso de que desaparecese o Euríbor, o tipo de xuro variará por semestres naturais de acordo coa seguinte norma:

Tipo de referencia: para o primeiro semestre de cada ano será o tipo de rendemento interno no mercado secundario da débeda pública de prazo entre dous e seis anos, publicado polo Banco de España, correspondente ao mes de novembro do ano anterior. Para o segundo semestre de cada ano será o tipo de rendemento interno no mercado secundario da débeda pública, de prazo entre dous e seis anos, publicado polo Banco de España, correspondente ao mes de maio do mesmo ano.

O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de restarlle ao tipo de referencia 0,5 puntos. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a más próxima vixésima parte do punto.

O tipo de xuro de referencia para cada semestre seralles comunicado polo Igape ás entidades financeiras e publicado no Diario Oficial de Galicia.

5.6. Tipo de xuro de demora.

O tipo de xuro que as entidades financeiras aplicarán aos importes debidos polos titulares de operacións nos vencementos pactados non poderá superar o tipo resultante de lle engadir un diferencial de 4 puntos porcentuais ao tipo de xuro establecido na cláusula 5.5 anterior.

5.7. Comisións.

As entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas non lles producirán aos beneficiarios ningún tipo de gasto ou comisión derivados das operacións aprobadas en aplicación deste convenio.

5.8. Achegas ás SGR.

Os beneficiarios deberán realizar, se é o caso, a achega para adherirse á sociedade de garantía recíproca que corresponda. A dita achega poderá ser computable como un concepto financiable segundo o establecido na cláusula 4.2 d) anterior.

5.9. Garantías da operación.

As operacións formalizadas ao abeiro deste convenio contarán co aval dunha sociedade de garantía recíproca polo 80% do importe do financiamento. As institucións implicadas non requirirán outra garantía adicional máis ca as persoais da/s propia/s persoa/s que promovan ou desenvolvan a actividade empresarial e/ou os seus socios.

5.10. Prazo para a realización dos investimentos.

O investimento deberá realizarse entre a data de presentación da solicitude no Igape e a data de disposición da operación financeira, quedando, así mesmo, acreditado que o pagamento foi xa realizado no devandito período ou se realiza simultaneamente coa disposición dos fondos.

Con carácter previo á disposición ou de forma simultánea, o prestameiro deberá acreditar o pagamento do mínimo do 25% dos custos aprobados que non se financie coa operación.

O prazo para a formalización da operación financeira será o que fixe a entidade financeira na súa comunicación de aceptación da operación e en función da programación proposta pola empresa para a execución do proxecto. Transcorrido o dito prazo sen que se dispuxese dos fondos para a realización dos investimentos, decaerá o expediente.

Cláusula 6ª.-Compromisos dos partícipes no convenio.

6.1. Compromisos asumidos polo Igape.

a) Realizarlles as achegas, que deseguido se detallan, ás entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas ao convenio, en concepto de compensación de custos de estudo e xestión de cada operación financeira da que a disposición estea xustificada correctamente conforme o previsto neste convenio:

a.1) Ás entidades financeiras o 5,50% do principal disposto.

a.2) Ás sociedades de garantía recíproca o 3,15% do principal disposto.

b) Desenvolver os procedementos necesarios para a boa fin da tramitación das operacións e difundir este programa entre o empresariado galego.

6.2. Compromisos asumidos polas entidades financeiras adheridas.

a) Conceder as operacións financeiras nos termos e condicións establecidos neste convenio ou xustificar, perante o Igape, os motivos da súa denegación.

b) Manter á disposición do Igape a documentación relativa aos requisitos dos beneficiarios e ao destino da operación financeira durante un prazo de, polo menos, 5 anos desde a disposición dos fondos e remitirlle ao Igape as aclaracións que solicite respecto daquela.

c) Desenvolver os procedementos necesarios para o bo fin da tramitación das operacións, poñer todos os medios dispoñibles para facilitarlles o acceso a esta liña de financiamento ás empresas galegas e colaborar na difusión deste programa.

6.3. Compromisos asumidos polas sociedades de garantía recíproca adheridas.

a) Conceder un aval por un importe do 80% da operación financeira previamente aceptada por unha enti

dade financeira adherida ou xustificar perante o Igape os motivos da súa denegación.

b) Manter á disposición do Igape a documentación relativa aos requisitos dos beneficiarios e ao destino da operación financeira durante un prazo de, polo menos, 5 anos desde a disposición dos fondos e remitirlle ao Igape as aclaracións que solicite respecto daquela.

c) Desenvolver os procedementos necesarios para a boa fin da tramitación das operacións, poñer todos os medios dispoñibles para facilitarlles o acceso a esta liña de financiamento ás microempresas galegas e colaborar na difusión deste programa.

Cláusula 7ª.-Tramitación das solicitudes.

7.1. Para presentar unha solicitude, os interesados deberán cubrir previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Co fin de prestar asistencia para cubrir o cuestionario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu Servizo de Asistencia Técnica, cun sistema de cita previa concertada a través do mencionado enderezo da internet ou dos números de teléfono: 902 30 09 03 ou 981 54 11 47, ou os que en cada momento se establezan para esta finalidade.

Deberán encherse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente o cuestionario.

A este cuestionario anexarase un documento que conteña o diagnóstico tecnolóxico e de innovación que xustifique a idoneidade e viabilidade do proxecto innovador que se vai financiar, que poderá presentarse nun dos seguintes formatos electrónicos: .pdf, .rtf, .txt, .doc, cun tamaño máximo de 3 MB. No caso de diagnósticos elaborados pola propia empresa solicitante, terá que ser previamente presentado ante a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación para o seu informe.

Este IDE estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado «SHA-1 160 bits» a partir do documento electrónico xerado pola aplicación de axuda citada anteriormente.

7.2. As solicitudes presentaranse mediante a instancia normalizada que se xunta como anexo I, nos cales será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación de axuda) serán devoltas sen tramitación.

7.3. O interesado presentará a instancia de solicitude co IDE no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas súas oficinas territoriais ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 31 de decembro de 2006.

7.4. Así mesmo, os interesados poderán asinar electronicamente o formulario de solicitude co IDE e presentalo no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia.

Os solicitantes por esta vía telemática deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004 da Consellería de Economía e Facenda pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Economía e Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para os efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado lle corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.

c) Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, creado polo Decreto 164/2005, do 16 de xuño.

d) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un xustificante no cal quedará constancia do feito da presentación, consonte o citado Decreto 164/2005.

7.5. Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no cuestionario. Para iso utilizarán a aplicación establecida no enderezo da internet citado anteriormente, introducindo os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico no que desexan recibir o xustificante.

7.6. Tramitación de solicitudes.

O Igape unicamente lles dará curso a aquelas solicitudes que figuren cubertas na súa totalidade, devolvéndolle, noutro caso, a solicitude ao interesado, quen poderá volver a presentala unha vez que se cubra correctamente.

Para os efectos de tramitación da solicitude á entidade financeira proposta polo solicitante, o Igape comprobará o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que a empresa solicitante declare o cumprimento das condicións requiridas para poder ter a condición de beneficiario, de acordo co que se establece na cláusula 2ª.

b) Que os gastos do financiamento para os cales se solicita a operación financeira cumpren os requisitos descritos na cláusula 4ª.

c) Que o solicitante presente, adecuadamente formalizado, o cuestionario de solicitude que ten que conter a información necesaria para a axeitada toma de decisión

por parte da entidade financeira e da sociedade de garantía recíproca, así como o diagnóstico tecnolóxico e de innovación que xustifique a idoneidade e viabilidade do proxecto innovador que se vai financiar, constando no caso de diagnósticos elaborados pola propia solicitante o informe favorable da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

d) Que o solicitante autorice as entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca para a comprobación perante o Banco de España para os efectos de comprobación de riscos. Deberase cubrir unha autorización de cada promotor do proxecto por cada entidade financeira e sociedade de garantía recíproca que se sinale na solicitude.

e) Que o solicitante acompañe coa súa instancia unha copia do DNI dos promotores do proxecto.

As solicitudes recibidas que cumpran cos requisitos do convenio serán procesadas polos servizos do Igape, que lles notificarán aos solicitantes, nun prazo máximo de 3 días hábiles, os datos que se lles transmitirán ás entidades financeiras e ás sociedades de garantía recíproca para os efectos do estudo da operación. Os ditos datos poderá rectificalos o solicitante directamente perante a entidade financeira correspondente, no suposto de que discrepen da solicitude presentada. En caso contrario entenderase que está conforme con aqueles para todos os efectos de tramitación da operación.

7.7. Traslado de solicitudes ás entidades financeiras.

Dentro do prazo común de 3 días hábiles referenciado no 7.6 anterior, o Igape remitiralle, o cuestionario de solicitude á entidade financeira designada polo interesado e á sociedade de garantía recíproca correspondente.

7.8. Análise das solicitudes polas entidades financeiras.

A entidade financeira estudará a proposta e formulará a súa posición dentro dos 15 días hábiles seguintes á recepción da solicitude.

7.8.1. Operacións denegadas polas entidades financeiras. No caso de denegación da operación, a entidade financeira deberá devolverlle a solicitude ao Igape, expresando a causa da súa denegación, co fin de que o instituto proceda a notificarllo ao solicitante e, de ser o caso, de que este designase unha 2ª entidade financeira, remitiralle todos os antecedentes. Se a empresa, á vista das causas da denegación, decidise reiterar a súa petición modificando a inicial, entenderase esta como unha nova solicitude para todos os efectos.

7.8.2. Operacións aceptadas polas entidades financeiras. Si se considerase conforme a operación, a entidade financeira comunicarallo por medios telemáticos ao Igape, que lle remitirá á sociedade de garantía recíproca correspondente tanto o cuestionario base da operación, como os termos da súa conformidade -que incluirán expresamente o prazo máximo de disposición- e o detalle da documentación que resulte necesario achegar para a axeitada formalización da operación, todo isto segundo modelo establecido no anexo III.

7.8.3. Traslado de operacións aceptadas polas entidades financeiras ás SGR. As propostas de préstamos

que as entidades financeiras adheridas lles remitan ás SGR deberán estar formalmente aprobadas pola entidade financeira, condicionadas á concesión do aval por parte da SGR correspondente. Simultaneamente á comunicación de concesión, as entidades financeiras remitiranlle á SGR unha copia da documentación que sexa de aplicación, da prevista no anexo IV-A do convenio, así como aqueloutros antecedentes dispoñibles que servisen de soporte para a resolución de aprobación da operación.

7.9. Análise das solicitudes polas SGR.

A sociedade de garantía recíproca estudará todos os antecedentes remitidos pola entidade financeira e formulará a súa posición dentro dos 15 días hábiles seguintes á recepción da solicitude.

7.9.1. Operacións denegadas polas SGR. En caso de denegación da operación de aval, a sociedade de garantía recíproca notificarallo ao Igape, xunto co seu informe motivado segundo modelo do anexo IV-B, co fin de notificarllo ao solicitante, o cal poderá proceder a reformular os termos da súa solicitude cos mesmos efectos sinalados non punto 7.8.1 desta cláusula.

7.9.2. Operacións autorizadas polas SGR. En caso de autorizar a operación, a SGR, dentro dos tres días hábiles seguintes, procederá a notificarlles ao interesado, á entidade financeira prestamista e ao Igape os termos da autorización da operación por parte da entidade financeira, os termos da autorización da súa operación de aval e o detalle da documentación adicional considerada precisa por parte da entidade financeira e da sociedade de garantía recíproca para a formalización da operación, segundo o anexo IV-A.

7.10. Dotación de fondos.

A notificación da sociedade de garantía recíproca ao Igape das operacións autorizadas será a base para a habilitación do crédito suficiente para atender as compensacións establecidas na cláusula 6.1. deste convenio.

7.11. Prazo de formalización da operación e de disposición dos fondos.

Recibida a notificación, a empresa beneficiaria deberá dirixirse á sociedade de garantía recíproca correspondente con toda a documentación que se lle requira, para o efecto de proceder á formalización da operación. O prazo límite para a formalización e disposición dos fondos, logo da correspondente xustificación documental de realización do investimento, será o que, para estes efectos, lle sexa notificado.

Sen prexuízo do establecido no apartado 5.10., o Igape poderá establecer, en función das necesidades do programa, un prazo máximo de disposición das operacións aprobadas que unha vez transcorrido, produza o decaemento e arquivo da solicitude.

7.12. Operacións non formalizadas ou non dispostas en prazo.

Decaída a solicitude por non formalizarse e dispoñerse en prazo a operación, a empresa poderá decidir presentar novamente a súa solicitude cos efectos establecidos na cláusula 5.10. deste convenio.

7.13. Procedementos internos para a tramitación de operacións.

As partes adheridas ao convenio comprométense a seguir as normas de procedemento interno que se des

criben no anexo VI, necesarias para asegurar a maior axilidade na tramitación das operacións, dentro do respecto á legalidade e á súa normativa propia e dirixidas a contestarlles aos solicitantes sobre a súa proposta nun prazo máximo dun mes contado desde o momento en que presentase a súa solicitude completa no Igape.

7.14. Vía telemática de interacción entre as entidades asinantes do convenio.

A vía telemática será obrigatoria para a interacción entre as entidades (SGR, entidades financeiras e o propio Igape). Esta vía concrétase na extranet de entidades colaboradoras existente na dirección http://tramita.igape.es. En todo caso, estarase ao establecido nas normas de procedemento interno para a tramitación de operacións indicadas na cláusula 7.13. anterior que se asinen entre as partes.

O Igape reserva para si a potestade de introducir modificacións no funcionamento e na recollida de datos da extranet, co obxecto de mellorar a efectividade das interaccións entre entidades ou as actuacións de control que son propias do seu papel no convenio.

Cláusula 8ª.-Liquidación das achegas de fondos entre o Igape e as entidades financeiras e SGR.

8.1. Requisitos previos á solicitude de fondos.

Previamente á utilización dos fondos, a entidade financeira comprobará a documentación (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) que acredite a execución do investimento e o seu pagamento, que poderá ser previo ou simultáneo á formalización, e asegurarase de que o destino da operación financeira corresponde á liquidación destes pagamentos.

8.2. Solicitude de fondos ao Igape.

Na primeira quincena do mes seguinte de cada trimestre natural, as entidades financeiras remitiranlle ao Igape unha notificación daquelas operacións formalizadas ao abeiro deste convenio cunha disposición de fondos que conste xustificada conforme a súa finalidade, así como a liquidación dos importes que lles correspondan en concepto de compensación, segundo o establecido na epígrafe correspondente do punto 6.1. deste convenio e segundo modelo do anexo V. Todo isto sen prexuízo da información que o Igape puidese requirir das entidades financeiras para os efectos dunha axeitada imputación contable ao peche do exercicio.

A dita notificación servirá, así mesmo, de base para a liquidación ás sociedades de garantía recíproca avalistas dos importes que lles correspondan en concepto de compensación segundo o establecido nas epígrafes correspondentes do punto 6.1. deste convenio.

8.3. Transferencia de fondos ás entidades financeiras e ás SGR.

O Igape procederá ao pagamento das liquidacións correspondentes, en concepto de compensación, ás entidades financeiras e ás SGR dentro da primeira quincena do mes seguinte a aquel no que recibisen as correspondentes liquidacións.

Cláusula 9ª.-Procedementos de xestión de débedas.

En caso de falta de pagamento por parte do titular do préstamo e despois dun período de 180 días en que tanto a entidade financeira como a sociedade de garantía recíproca efectuarán as oportunas xestións para a súa regularización, será suficiente o requirimento

escrito da entidade á SGR para que esta liquide o capital pendente de amortizar, máis os xuros de demora xerados, calculados ao tipo especificado no convenio. As entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adquiren o compromiso de que a execución que se realice fronte aos bens e dereitos do prestameiro (coa excepción do aval da SGR) se realice conxuntamente, asumindo os gastos do proceso, en proporción ao risco tomado e distribuíndose, na mesma proporción, o produto das recuperacións obtidas do debedor.

Cláusula 10ª.-Control.

10.1. Ámbito das actuacións de control polo Igape.

Tanto as entidades financeiras como as sociedades de garantía recíproca adheridas, como os beneficiarios das operacións de financiamento quedan obrigados a someterse ás actuacións de control que se efectúen por parte do Igape ou polos órganos internos ou externos de control da Comunidade Autónoma de Galicia, para verificar o cumprimento dos requisitos e finalidades das operacións financeiras acollidas a este convenio.

10.2. Incumprimento de condicións.

En caso de comprobación de incumprimento das condicións deste convenio respecto das obrigas de depósito e custodia de documentación e comprobación do destino dos fondos, para algunha das operacións financeiras acollidas a el, procederá o reintegro das cantidades percibidas polas entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca, xunto cos xuros de demora producidos desde o seu pagamento.

10.3. Natureza das cantidades que hai que reintegrar.

As cantidades que hai que reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, e resultará de aplicación para o seu recobramento, se é o caso, a vía executiva.

Cláusula 11ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a resolución deste convenio o incumprimento por algunha das partes de calquera das súas cláusulas, despois da denuncia cun mínimo de 30 días de aviso previo.

A resolución do convenio suporá, en todo caso, deixar atendidas fronte aos beneficiarios as obrigas xa contraídas por calquera das partes.

Cláusula 12ª.-Adhesión de entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca ao convenio.

12.1. Entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca susceptibles de adherirse ao convenio.

O Igape invitará a adherirse a este convenio a todas aquelas entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca que, tendo acreditada unha presenza significativa en Galicia, así como a súa solvencia técnica e financeira, colaborasen co instituto nos seus programas de subsidiación ao tipo de xuro de préstamos, créditos ou operacións de arrendamento financeiro.

Así mesmo, poderán instar a súa adhesión a este convenio todas aquelas entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca acreditadas polo Banco de España que, demostrando unha implantación significativa en Galicia, dispoñan dos medios técnicos adecuados para asegurar a correcta tramitación dos expe

dientes conforme o establecido neste convenio e nos seus anexos.

12.2. Formalización da adhesión ao convenio de entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca.

A adhesión formalizarase mediante a sinatura, por apoderado con facultades bastantes, da declaración que se xunta como anexo VIII a este convenio. O Igape daralles conta ao resto das entidades adheridas da existencia de cada novo partícipe no convenio.

Cláusula 13ª.-Seguimento do convenio.

O Igape habilitará os mecanismos necesarios que aseguren a adecuada coordinación entre os partícipes do convenio e resolverá todas as incidencias que poidan xurdir da interpretación das súas cláusulas.

Cláusula 14ª.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e estará vixente ata o 31 de decembro do ano 2006, sen prexuízo das adecuacións que, se é o caso, fosen necesarias e así se pactasen por acordo das partes.

Cláusula 15ª.-Dotación orzamentaria.

15.1. Importe máximo de operacións.

O importe máximo de operacións que concederán as entidades financeiras que subscriban este convenio no período de vixencia elévase a 6 millóns de euros. Tanto o importe global da liña como as anualidades programadas poderán ser ampliados por acordo das partes asinantes deste convenio.

15.2. Dotación orzamentaria.

As axudas reguladas neste convenio financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.01.16/06/03.656701, cun crédito plurianual de 31.792 A para o exercicio 2006 e de 298.208 A para o exercicio 2007, e con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.16/06/03.656702 cun crédito plurianual de 18.208 A para o exercicio 2006 e de 170.792 A para o exercicio 2007.

Cláusula 16ª.-Natureza.

O presente convenio ten natureza administrativa, correspondéndolle ao presidente do Igape a interpretación do seu contido.

Cláusula 17ª.-Publicidade dos datos.

Coa presentación da solicitude os interesados consenten expresamente ao Igape para incluír e facer públicos nos rexistros regulados polo Decreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos relevantes refiridos ás axudas e subvencións recibidas así como ás sancións impostas. No caso de que expresamente non autorizasen o Igape á obtención de datos ou á publicidade deles nos citados rexistros, dará lugar á exclusión no proceso de participación para obter a axuda ou subvención ou, noutro caso, á revogación do acto de outorgamento e, se procede, ao reintegro do importe concedido.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2006.

Polo Igape, asdo.: José Ramón Fernández Antonio, presidente; por Sogarpo, SGR, asdo.: Margarita Fernández Antonio, directora xeral; por Afigal, SGR, asdo: Manuel Alonso Fraile, director xeral.

ANEXO II

Actividades financiables convenio innovación

CNAEACTIVIDADEOBSERVACIONS

01.122CULTIVO DE FLORES E PLANTAS ORNAMENTAIS

01.23EXPLOTACION DE GANDO PORCINO

01.24AVICULTURA

01.4ACTIVIDADES DE SERVIZOS RELACIONADOS COA AGRICULTURA E A GANDARIA, AGAS ACTIVIDADES VETERINARIAS

02.012EXPLOTACION FORESTAL

05.PESCA, ACUICULTURA E ACTIVIDADES DOS SERVIZOS RELACIONADOS CON ELAS

14.EXTRACCION DE MINERAIS NON METALICOS NIN ENERXETICOS

15.INDUSTRIA DE PRODUTOS ALIMENTICIOS E BEBIDAS

17.INDUSTRIA TEXTIL

18.INDUSTRIA DA CONFECCION E DA PELETARIA

19.INDUSTRIA DO COIRO E DO CALZADO

20.1SERRADO E CEPILLADO DA MADEIRA; PREPARACION INDUSTRIAL DA MADEIRA

20.2FABRICACION DE CHAPAS, TABOLEIROS CONTRACHAPADOS, ALISTONADOS, DE PARTICULAS AGLOMERADAS, ...

20.3FABRICACION DE ESTRUTURAS DE MADEIRA E PEZAS DE CARPINTARIA E EBANISTARIA PARA A CONSTRUCCION

20.4FABRICACION DE ENVASES E EMBALAXES DE MADEIRA

20.5FABRICACION DOUTROS PRODUTOS DE MADEIRA. FABRICACION DE PRODUTOS DE CORTIZA, CESTARIA E ESPARTARIA

21.INDUSTRIA DO PAPEL

22.EDICION, ARTES GRAFICAS E REPRODUCCION DE SOPORTES GRAVADOS

24.INDUSTRIA QUIMICA

25.FABRICACION DE PRODUTOS DE CORTIZO E MATERIAS PLASTICAS.

26.FABRICACION DOUTROS PRODUTOS MINERAIS NON METALICOS

27.METALURXIA

28.FABRICACION DE PRODUTOS METALICOS, AGAS MAQUINARIA E EQUIPAMENTO

29.INDUSTRIA DA CONSTRUCCION DE MAQUINARIA E EQUIPAMENTO MECANICO

30FABRICACION DE MAQUINAS DE OFICINA E EQUIPAMENTOS INFORMATICOS

31FABRICACION DE MAQUINARIA E MATERIAL ELECTRICO

32FABRICACION DE MATERIAL ELECTRONICO; FABRICACION DE EQUIPAMENTO E APARELLOS DE RADIO, TELEVISION E COMUNICACIONS

33FABRICACION DE EQUIPAMENTOS E INSTRUMENTOS MEDICO-CIRURXICOS, DE PRECISION, OPTICA E RELOXARIA

34FABRICACION DE VEHICULOS DE MOTOR, REMOLQUES E SEMIRREMOLQUES

35.FABRICACION DOUTRO MATERIAL DE TRANSPORTE

36.FABRICACION DE MOBLES; OUTRAS INDUSTRIAS MANUFACTUREIRAS

37.RECICLAXE

50.VENDA, MANTEMENTO E REPARACION DE VEHICULOS DE MOTOR, MOTOCICLETAS E CICLOMOTORES; VENDA POLO MIUDO DE COMBUSTIBLE PARA VEHICULOS DE MOTOR

51.COMERCIO POR XUNTO E INTERMEDIARIOS DO COMERCIO, AGAS VEHICULOS DE MOTOR E MOTOCICLETASAGAS 51.1.

52.COMERCIO POLO MIUDO, AGAS O COMERCIO DE VEHICULOS DE MOTOR, MOTOCICLETAS E CICLOMOTORESAGAS 52.6 E 52.7

55.1HOTEIS

55.22CAMPING

55.3RESTAURANTESEXCLUSIV. 2 OU MAIS GARFOS

60.TRANSPORTE TERRESTREAGAS 60.3

61.TRANSPORTE MARITIMO, DE CABOTAXE E POR VIAS DE NAVEGACION INTERIORES

62TRANSPORTE AEREOAGAS 62.3

63.121DEPOSITO E ALMACENAMENTO FRIGORIFICO

63.22OUTRAS ACTIVIDADES ANEXAS AO TRANSPORTE MARITIMO

64.2TELECOMUNICACIONS

73.INVESTIGACION E DESENVOLVEMENTO

92.11PRODUCION CINEMATOGRAFICA E DE VIDEO

92.12DISTRIBUCION DE PELICULAS

92.202PRODUCION E DISTRIBUCION DE TELEVISION

SERVIZOS DE APOIO INDUSTRIAL

ACTIVIDADES RELACIONADAS CO AMBIENTE

TURISMO ESPECIALIZADO

ARTESANIA: AS ACTIVIDADES COMPRENDIDAS NO ANEXO I A ORDE DA CONSELLERIA DE INDUSTRIA E COMERCIO DO 5-5-1997 (DOG 26-5)

BENS DE EQUIPAMENTO DE EMPRESAS DO SECTOR CONSTRUCION

ANEXO III-A

Modelo notificación positiva entidade financeira

Ref. Liña de financiamento para innovación tecnolóxica:

1. Analizada a solicitude presentada a través do Igape por... con NIF/CIF...

Esta entidade financeira valora positivamente a solicitude de referencia, sempre e cando poida comprobar a veracidade da información coa documentación máis adiante mencionada, así como a obtención dun aval ao seu favor dunha sociedade de garantía recíproca adherida ao convenio polo 80% do importe da operación.

2. Datos da operación:

Importe:

Carencia (en meses):

Prazo de amortización:

Prazo máximo de disposición:

O cal poñemos no seu coñecemento para os efectos oportunos.

Atentamente,

ANEXO III-B

Modelo notificación negativa entidade financeira

Ref. liña de financiamento para innovación tecnolóxica:

Analizada a solicitude presentada a través do Igape por... con NIF/CIF... comunicámoslle que esta entidade financeira adoptou a decisión de denegar a solicitude polo importe de..., baseándonos nos seguintes motivos:

-

-

O cal poñemos no seu coñecemento para os efectos oportunos.

Atentamente,

ANEXO IV-A

Modelo notificación ao beneficiario

da aprobación de aval

Ref. Liña de financiamento para proxectos de innovación:

1. Analizada a solicitude presentada a través do Igape por... con NIF/CIF..., comunicámoslle que, tanto a entidade financiera elixida como esta sociedade de garantía recíproca valoran positivamente a solicitude de referencia, sempre que poida comprobar a veracidade da información coa documentación presentada, detallándolle deseguido as características do préstamo:

Importe:

Carencia:

Prazo amortización:

Prazo máximo de disposición:

2. Co fin de preparar a formalización da dita operación, rogámoslle nos remitan coa maior brevidade a documentación seguinte:

* NIF ou CIF.

* Alta censual no caso de inicio de actividade.

* Orzamentos ou facturas definitivas xustificativas da totalidade do importe solicitado en préstamo.

* Copia dos recibos do imposto de bens inmobles, xustificantes do patrimonio declarado.

* No suposto de sociedades:

Fotocopia da declaración presentada polo imposto de sociedades dos dous últimos exercicios.

Balance de situación e conta de perdas e ganancias do ano en curso e pagamentos fraccionados do IVE e imposto de sociedades.

Escrituras da sociedade e de apoderamento dos seus representantes.

* No suposto de empresarios individuais:

Fotocopia da declaración do IRPF dos dous últimos anos e resumo anual do IVE do último exercicio.

Catro últimos impresos de pagamentos á conta do IRPF e IVE.

* Outros.

Atentamente,

ANEXO IV-B

Modelo notificación ao Igape

da denegacion de aval

Ref. Liña de financiamento para proxectos de innovación:

Analizada a solicitude presentada a través do Igape coas seguintes características:

Nome:

Importe:

Entidade financeira:

Comunicámoslle que... SGR adoptou a decisión de denegar a solicitude baseándose nos seguintes motivos:

-

-

O cal poñemos no seu coñecemento para os efectos oportunos.

Atentamente,

ANEXO VI

Normas de procedemento interno para a tramitación das operacións

1. Antecedentes.

Para a tramitación implantouse unha aplicación na web restrinxida do Igape (denominada «Extranet Igape-Entidades Colaboradoras» ou simplemente «extrane» no resto deste documento) para a comunicación entre este organismo, as entidades financeiras e as SGR que presenta as seguintes vantaxes:

-O acceso é seguro, identificándose mediante un certificado dixital a entidade que está operando en cada caso.

-No momento de enviar calquera información, esta valídase, co cal se evitan problemas de identificación das operacións financeiras das cales se emite informe ou se autorizan.

-As entidades teñen a información completa de todo o programa dispoñible.

A extranet de entidades colaboradoras é a única forma de interacción admitida no convenio, estando xa dispoñible nela a utilización de certificados de entidade certificadora allea (por exemplo, os da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre), a xeración automática dos impresos de autorización e solicitude de cobramento, e a presentación telemática con plenos efectos legais, eliminando polo tanto a necesidade de enviar en papel as autorizacións/solicitudes de cobramento.

2. Utilización da «Extranet Igape-Entidades Colaboradosas».

A utilización da «Extranet Igape-Entidades Colaboradoras», establecida no enderezo http://extranet.igape.es é obligatoria para os asinantes do convenio para realizar as operacións seguintes:

-Notificacións das entidades financeiras e SGR da aceptación ou denegación das operacións de préstamo.

-Solicitudes de cobramento das achegas do Igape.

-Rexistros de seguimento.

-Notificacións por parte do Igape ás entidades colaboradoras.

Para todos os efectos, as partes asinantes do convenio aceptan que a publicación por parte do Igape de información na extranet ten carácter de notificación formal desa información.

Para poder acceder á extranet será necesario un certificado válido segundo os termos do convenio. Este certificado é persoal do usuario que o solicita, sen ningún enlace coa entidade que representa. Para establecer o dito enlace, as entidades asinantes do convenio deberán enviarlle ao Igape no prazo de 15 días desde a sinatura unha relación de persoas autorizadas a operar na extranet segundo o modelo do anexo VII. No caso de que esta autorización xa obre no Igape para os efectos da utilización da extranet para outros programas, non será necesaria esta presentación.

Nesta relación distinguirase entre os autorizados para a operativa diaria e consulta e actualización dos datos de expedientes e os autorizados para a sinatura dixital das notificacións ao Igape e solicitudes de cobramento. Esta lista de persoas autorizadas poderase cambiar en calquera momento sen máis que reenviar o anexo VII, cunha nova lista completa que remprazará a previamente existente.

O Igape se reserva para si potestade de incluír na extranet outras funcionalidades de comunicación entre as partes que sexan de interese para o convenio. Unha vez exista a posibilidade de utilizar a vía telemática para estas novas funcionalidades, o seu uso pasará a ser obrigatorio para os asinantes do convenio no prazo dun mes desde a notificación da súa dispoñibilidade.

3. Solicitudes.

3.1. Asistencia do Igape.

Os interesados no financiamento que reúnan os requisitos establecidos no convenio, poderán presentarse en calquera das oficinas territoriais do Igape, coa documentación que conteña os datos necesarios para a cobertura do cuestionario:

-NIF ou CIF.

-Alta censual no caso de inicio de actividade.

-Orzamento do proxecto de investimento para financiar.

-Entidade/es financeira/s e oficina coa cal desexarían formalizar a operación.

-Sociedade/es de garantía coa/s que corresponda formalizar o aval.

-Declaración de bens inmobles, mobles e depósitos bancarios que constitúen o seu patrimonio, con especificación das débedas e gravames que pesan sobre eles.

-Declaración de nº de empregados durante o último exercicio pechado.

-Diagnóstico tecnolóxico e de innovación que xustifique a idoneidade e viabilidade do proxecto innovador para financiar, que poderá presentarse nun dos seguintes formatos electrónicos: .pdf, .rtf, .txt, .doc, cun tamaño máximo de 3 MB.

No suposto de sociedades:

-Última declaración presentada polo imposto de sociedades e dos dous exercicios anteriores.

-Declaración de socios, partícipes e administradores.

-No suposto de empresas individuais:

-Última declaración presentada polo imposto sobre a renda das persoas físicas e declaración anual polo imposto sobre o valor engadido, e dos dous exercicios anteriores.

-NIF dos membros da unidade familiar que perciben ingresos.

3.1.2. O técnico do Igape, á vista da información contida na documentación, procederá á cobertura mecanizada do cuestionario de solicitude.

3.1.3. Unha vez mecanizado, imprimirase a instancia de solicitude da cal, unha vez asinada polo interesado, se lle facilitará unha copia selada.

3.2. Presentación do formulario cuberto.

3.2.1. Os interesados tamén poderán cubrir, a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es, os datos do cuestionario e presentar a instancia de solicitude ao Igape por calquera dos medios admitidos en dereito para a presentación de escritos á Administración.

3.2.2. Neste caso, logo de que o Igape comprobe que a solicitude cumpre os requisitos do convenio e o cuestionario estea completo, informará o interesado de que para emendar calquera discrepancia co seu contido, deberá dirixirse directamente á entidade financeira para a súa rectificación.

3.3. Nova solicitude.

No caso de que o cuestionario ou as autorizacións remitidas polo interesado ao Igape non reúnan os requisitos establecidos ou se deduza que non cumpre as condicións exixidas para ser beneficiario do apoio previsto no convenio, os servizos do Igape procederán á notificación de tal circunstancia ao interesado, quen poderá en calquera momento presentar unha nova solicitude.

3.4. Remisión á entidade financeira e á sociedade de garantía recíproca.

Dentro do prazo de 3 días hábiles desde a recepción completa da solicitude, o Igape enviará un correo electrónico SMTP ao enderezo especificado polas entidades financeiras e SGR que aparezan en primeiro lugar na solicitude. Este correo terá un título identificable como «Cuestionario Financiamento Emprendedores», unhas instrucións para a

entidade financeira, un arquivo adxunto en formato RTF (Rich Text Format) ou Word 2000, que incluirá os datos da solicitude, e o plan de empresa no formato electrónico achegado polo solicitante. Este envío farase de forma electrónica.

Así mesmo, a operación estará dispoñible para comunicar a súa aceptación ou denegación na extranet do Igape nun prazo de 24 horas desde o envío ás entidades financeiras.

4. Estudo da proposta pola entidade financeira.

4.1. Estudo.

Unha vez recibida a solicitude, a entidade financeira procederá ao estudo da operación xerando, a partir da información recibida, os seus propios resumos estatísticos e documentos internos que procedan sen que, con carácter xeral, lle requira a información complementaria ao solicitante, que si poderá ser requirida en casos excepcionais que así se xustifiquen.

4.2. Comunicación de resultados ao Igape e á SGR.

No prazo máximo de 15 días hábiles desde a recepción da solicitude, a entidade financeira comunicará a través da extranet a aceptación/denegación da operación. A comunicación da aceptación/denegación farase por solicitude por medio da interface destinada para tal fin ou de xeito masivo por medio dun arquivo. Este arquivo consistirá nunha ou varias liñas (para notificar un ou varios expedientes á vez. Neste último caso non se admitirán liñas en branco entres as distintas operacións), co seguinte formato:

-Operacións aceptadas:

NUM EXPEDIENTE IGAPE OPCIONAL NIF SOLICITANTE ACEPTADO IMPORTE DATA MÁXIMA FORM CARENCIA MESES

-Operacións denegadas:

NUM EXPEDIENTE IGAPE OPCIONAL NIF SOLICITANTE DENEGADO CAUSA DENEGACION

A definición dos datos é a seguinte:

NUM EXPEDIENTE IGAPE OPCIONAL: é o número de expediente comunicado polo Igape para esa operación. Este dato é opcional. A razón de incluílo é ter unha clave única e invariable desde o principio da operación. Se non se inclúe, intentarase cruzar a información enviada coa existente no Igape por NIF/CIF, pero pódense producir erros que deberán ser corrixidos antes de remitir a notificación.

NIF SOLICITANTE: o NIF/CIF do solicitante do préstamo.

ACEPTADO/DENEGADO: a palabra «ACEPTADO» ou «DENEGADO» en maiúsculas.

Nas operacións aceptadas, a continuación aparecerán os campos seguintes: o importe en euros, a data máxima de formalización e a carencia en meses. Non se aceptarán formalizacións posteriores á data máxima.

Nas operacións denegadas, a continuación aparecerá a causa de denegación (texto libre).

Entre cada campo e o seguinte haberá un número indeterminado de espazos e/ou tabuladores e entre cada rexistro e o seguinte un salto de liña (cada operación debe ocupar unicamente unha liña, da largura que sexa necesaria).

Exemplo:

IN013.2005.1.123 78372738Y ACEPTADO 1823,45 1-3-2005 12

IN013.2005.1.134 98209293J DENEGADO Motivos da denegación

Independentemente do momento no que se introduzan os datos ou se envíe o arquivo, non se considerarán cargados definitivamente ata que non se utilice a opción de «Remisión de notificacións».

4.3. Aprobación da operación.

Se a oficina bancaria correspondente considera aceptable a proposta, aínda modificando os seus termos en canto á contía do préstamo ou prazos propostos, procederá a emitir a través da extranet unha comunicación para tal efecto, segundo modelo do anexo III-A do convenio, especificando claramente que documentación debe achegar o solicitante no momento da súa formalización e o prazo máximo que se lle asigna para a disposición da operación nos termos acordados.

A entidade financeira asinará dixitalmente na extranet a comunicación do anexo III-A. O Igape remitirá á SGR a notificación da entidade financeira asinada dixitalmente nun período de 24 horas desde a súa recepción.

Se a entidade financeira necesita comunicar á SGR que corresponda documentos que non estean en formato electrónico, deberá facelo no prazo de 15 días hábiles indicados no número 4.2.

4.4. Denegación da operación.

Se a oficina bancaria considera non aceptable a proposta, emitirá a comunicación a través da extranet segundo o anexo III-B do convenio, con especificación da causa de denegación. O Igape notificaralle ao interesado as causas de denegación.

A entidade financeira asinará dixitalmente na extranet a comunicación do anexo III-B.

5. Estudo da proposta pola sociedade de garantía recíproca.

5.1. Estudo.

Unha vez recibidos da entidade financeira os antecedentes que se sinalan no punto 3.3. anterior, a SGR procederá a estudar a operación, xerando cantos documentos internos requira para a súa análise.

5.2. Comunicación de resultados ao Igape.

No prazo máximo de 15 días hábiles desde que a SGR recibise os antecedentes, deberá pronunciarse da operación proposta, e comunicará a través da extranet a aceptación/denegación da operación. A comunicación da aceptación/denegación farase por solicitude por solicitude por medio da interface des

tinada a tal fin ou de xeito masivo por medio dun arquivo. Este arquivo consistirá nunha ou varias liñas (para notificar un ou varios expedientes á vez. Neste último caso non se admitirán liñas en branco entres as distintas operacións), co mesmo formato definido no 4.2 para as entidades financeiras.

Independentemente do momento en que se introduzan os datos ou se envíe o arquivo, non se considerarán cargados no sistema ata que non se utilice a opción de «Remisión de notificacións».

5.3. Aprobación da operación.

En caso de aprobar a operación, a sociedade de garantía recíproca emitirá a través da extranet unha comunicación para tal efecto ao interesado segundo anexo IV-A do convenio, especificando claramente que documentación debe achegar o solicitante no momento da súa formalización, así como aquela documentación requirida pola entidade financeira. A seguir enviará esta comunicación en formato papel ao interesado, e convocarase este para os efectos de proceder á formalización da operación.

A SGR asinará dixitalmente na extranet a comunicación do anexo IV-A. O Igape remitirá á entidade financeira a notificación da SGR asinada dixitalmente nun período de 24 horas desde a súa recepción.

5.4. Denegación da operación.

En caso de denegación, a SGR emitirá comunicación a través da extranet segundo anexo IV-B, expresando as súas causas.

A SGR asinará dixitalmente na extranet a comunicación do anexo IV-B. O Igape remitirá á entidade financeira a denegación da SGR asinada dixitalmente nun período de 24 horas desde a súa recepción. O Igape notificaralle ao interesado a denegación por parte da SGR.

6. Liquidación e pagamento das achegas do Igape.

6.1. Envío ao Igape da proposta de liquidación.

Nos 15 primeiros días do mes seguinte a cada trimestre natural, as entidades financeiras procederán a notificarlle ao Igape a través da extranet

o total das operacións dispostas e correctamente xustificadas no período, coa proposta de liquidación das achegas que lle corresponda efectuar ao Igape, segundo modelo do anexo V.

Para poder propoñer a liquidación das achegas do Igape, a entidade financeira deberá ter achegada a información de seguimento que se define no punto oitavo destas normas para a totalidade dos expedientes en vigor nesa entidade. A aplicación da extranet permitirá seleccionar de entre as operacións para as cales se enviou a información de seguimento aquelas que son susceptibles de ser liquidadas polo Igape.

Todo isto, sen prexuízo da información que o Igape lles puidese requirir ás entidades financeiras, para os efectos dunha adecuada imputación contable ao peche do exercicio.

A entidade financeira asinará na extranet a proposta de liquidación segundo anexo V.

6.2. Pagamento das liquidacións.

Unha vez verificadas, o Igape procederá ao pagamento das liquidacións dentro da primeira quincena do mes seguinte ao que fosen recibidas, na conta designada para este efecto polas entidades financeiras e polas sociedades de garantía recíproca. Este pagamento será comprensivo de todas as achegas definidas no convenio.

7. Seguimento e control das operacións polo Igape.

7.1. Envío periódico de información.

Co fin de controlar a execución da liña, remitiráselle ao Igape, o primeiro día laborable de cada mes, a través da extranet, unha información de seguimento.

Para a entrega desta información existirá unha interface na aplicación en que se especificarán os datos operación a operación, ou ben poderase enviar a través da mesma extranet un arquivo co contido seguinte (unha liña por expediente, en formato de largo fixo):

a) Entidades financeiras:

CampoTipoPos. inicialLarguraComentarios

NIF do solicitanteCadea110

Código de operaciónCadea1130Comezará cos catro díxitos de cada entidade

Código de operación vellaCadea4130Só válido cando a operación cambia de código

Data formaliza./disposiciónData7110

Data vencementoData8110Data prevista de finalización

Data cancelaciónData9110Finalización real do préstamo (unha vez cancelado)

Importe concedidoData10110

Importe dispostoMoeda11110

Importe vivoMoeda12110Importe non amortizado

Importe vencido ' 90 díasMoeda13110Importe (sen incluír xuros) con atrasos no seu pagamento inferiores a 90 días

Importe vencido ) 90 díasMoeda14110Importe (sen incluír xuros) con atrasos no seu pagamento superiores a 90 días

Data falidoData15110Data en que a operación se declara como falida

Expediente Igape (opcional)Cadea16120Nº de expediente proporcionado polo Igape. Se non se envía, debe aparecer en branco

O número de expediente comunicado polo Igape para esa operación é opcional (se non se envía deben incluírse 20 caracteres en branco). A razón de incluílo é ter unha clave única e invariable desde o principio da operación. Se non se inclúe, intentarase cruzar a información enviada coa existente no Igape por NIF/CIF, pero pódense producir erros que deberán ser corrixidos antes de remitir a información.

Incluirase esta información para todos os expedientes de préstamos a emprendedores vivos, desde o momento da formalización ata a cancelación do préstamo (importe vivo=0) ou a súa declaración como falido. Cada cancelación ou declaración de operación falida debe transmitirse polo menos unha

vez coa data de cancelación ou de declaración de falido non baleira; a partir dese momento deixarase de transmitir a información dese expediente. Os importes vivos ou vencidos refírense ao último día do mes de que se informa.

A primeira comunicación entregada para un expediente será admitida como comunicación da formalización da operación por parte da entidade financeira, e servirá para calcular as achegas do Igape dentro da liquidación trimestral correspondente (que, non obstante, a entidade financeira deberá solicitar explicitamente tal e como se especificou na epígrafe 6.1).

b) SGR:

CampoTipoPos. inicialLarguraComentarios

NIF do solicitanteCadea110

Data de execuciónData1110Data de execución do aval

Importe executadoMoeda2110Custo total para a SGR da cancelación do aval

Expediente Igape (opcional)Cadea3120Nº de expediente proporcionado polo Igape. Se non se envía, debe aparecer en branco

Nota: o número de expediente comunicado polo Igape para esa operación é opcional (se non se envía deben incluírse 20 caracteres en branco). A razón de incluílo é ter unha clave única e invariable desde o principio da operación. Se non se inclúe, intentarase cruzar a información enviada coa existente no Igape por NIF/CIF, pero pódense producir erros que deberán ser corrixidos antes de remitir a información.

A SGR deberá enviar esta información mensualmente a través da extranet, comprendendo as operacións cuxo aval fose executado durante ese mes. Se non houber ningún, deberá remitir unha notificación baleira. A emisión puntual destas notificacións será condición imprescindible para que o Igape liquide as achegas á SGR segundo o punto anterior.

Independentemente do momento en que se introduzan os datos, non se considerarán notificados estes ata que non se utilice a opción de «Remisión de información de seguimento». No proceso de remisión asinaranse dixitalmente os datos.

7.2. Comprobación de expedientes.

O Igape, con medios propios ou alleos, así como a Intervención Xeral da Xunta de Galicia ou o Consello de Contas, poderán comprobar o cumprimento das obrigas das entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca asinantes do convenio, respecto da verificación do destino das operacións e de custodia da documentación durante, polo menos, cinco anos desde o pagamento, por parte do Igape, das súas achegas.

8. Especificación de interacción telemática entre Igape, EE.FF e SRG.

8.1. Notificación inicial de datos.

Os partícipes definirán e notificarán ao Igape nun prazo de 15 días desde a sinatura do convenio os parámetros seguintes:

-Conta de correo á cal se lle remitirá o cuestionario orixinal.

-Listaxe de persoas autorizadas para operar na extranet e/ou para asinar solicitudes, segundo anexo VI. No caso de que esta autorización xa conste no Igape para efectos da utilización da extranet para outros programas, non será necesaria esta presentación.

8.2. Formato dos campos comúns.

NIF SOLICITANTE: sen separadores nin outros caracteres que non sexan números e letras maiúsculas.

-Campos «Cadea de caracteres»: en maiúsculas.

-Campos data: formato DD/MM/AAAA (incluíndo o carácter «/»).

-Campos monetarios: en euros, en formato numérico con dous decimais separados por unha coma da parte enteira (sen separador de miles).

-Nos formatos de largo fixo, os campos tipo «Cadea» axustaranse á esquerda con espazos á dereita ata completar o tamaño de campo establecido; os campos tipo «numérico» axustaranse á dereita mediante ceros á esquerda.

-Nos formatos de largo fixo, os campos baleiros trataranse como segue: se o tipo é «Cadea» ou «Data», enviaranse tantos espazos como a largura do campo. Se o campo é «Moeda», enviaranse tantos ceros como a largura do campo; neste último caso, é opcional poñer a coma de separación de miles.

ANEXO IX

Relación de entidades financeiras adheridas

-Caixas:

Caixa Galicia.

Caixanova.

Caja España.

La Caixa.

Caixa Rural Galega.

-Bancos:

Banco Bilbao Vizcaya Argentaria.

Banco de Galicia.

Banco Español de Crédito.

Banco Espírito Santo.

Banco Etcheverría.

Banco Gallego.

Banco Pastor.

Banco Popular.

Banco Sabadell.

Banco Santander Central Hispano.

Banco Caixa Geral, S.A.

Bankinter.