DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 09 de outubro de 2006 Páx. 15.042

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2006 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas para o Programa Emprendedores.

Mediante Resolución do 1 de marzo de 2006 publicáronse as novas bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o Programa Emprendedores (DOG nº 49, do 10 de marzo). As mencionadas bases teñen como obxectivo prioritario fomentar a aparición de empresas promovidas por novos emprendedores e de novas iniciativas empresariais de carácter innovador.

Na súa base 15 establecen que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro das ditas bases.

As ditas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 01.02.12/01/01.656700 e 01.02.12/02/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Darlle publicidade á relación de beneficiarios, que figura como anexo, das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o Programa Emprendedores.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2006.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO

Nº expedienteNome/razón socialData

resolución

Importe subvencionable (A)Subvención (A)

AF010.2006.1.9Badel Metal Model, S.L.U. (en constitución)24-7-2006162.087,0059.972,19

AF010.2006.1.1Rocirolls, S.L. (en constitución)24-7-2006153.182,0039.827,32

AF010.2006.1.8Identity Cars Ingineering, S.L.28-7-20062.770.000,001.126.500,00

AF010.2006.1.17Trasniños, S.L. (en constitución)28-7-2006112.020,4529.125,32

AF010.2006.1.16Desguaces Mancebo Lema, S.L. (en constitución)28-7-2006284.433,1787.231,93

AF010.2006.1.26Portas Pérez, Alfonso 000969794Z S.L.N.E. (en constitución)28-7-200662.604,1016.277,07

AF010.2006.1.6Lucense de Barnizados y Acabados, S.L. (en constitución)9-8-2006 997.723,83329.248,86