DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 09 de outubro de 2006 Páx. 15.042

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2006 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas á mellora da produtividade empresarial mediante a innovación, cooperación e modernización do tecido produtivo.

Mediante Resolución do 17 de febreiro de 2006 publicáronse as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á mellora da produtividade empresarial mediante a innovación, cooperación e modernización do tecido pro

dutivo (DOG nº 40, do 27 de febreiro). As mencionadas bases desenvolven o conxunto de actuacións para a mellora da produtividade empresarial mediante a innovación e desenvolvemento, cooperación e modernización do tecido produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa base 13 establecen que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro das devanditas bases.

As ditas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 02.02.18/03/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Darlle publicidade á relación de beneficiarios, que figura como anexo, das axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á mellora da produtividade empresarial mediante a innovación, cooperación e modernización do tecido produtivo.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2006.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO

Nº expedienteNome/razón socialData

resolución

Importe subvencionable (A)Subvención (A)

AF029.2006.1.1Ferroatlántica, S.L.28-7-20061.002.222,22250.555,56

AF029.2006.1.2GSB Galfor, S.A.28-7-2006515.138,89167.420,14

AF029.2006.1.3Fico Mirrors, S.A.-Ficosa Galicia (en constitución)28-7-2006404.911,11101.227,78

AF029.2006.1.4Benteler Automotive Vigo, S.L.28-7-2006808.888,89304.055,56

AF029.2006.1.6Maier Ferroplast, S.L.28-7-2006433.777,78126.951,33

AF029.2006.1.5Carrocerías Dafer, S.A.28-7-2006941.321,07336.904,53

AF029.2006.1.7Peguform Ibérica, S.L.28-7-2006495.555,56159.204,45

AF029.2006.1.9Comunitel Global, S.A.28-7-2006390.000,0097.500,00