DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 09 de outubro de 2006 Páx. 15.039

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 29 de setembro de 2006 pola que se modifica a do 31 de maio de 2006 pola que se establecen as bases e se procede á convocatoria para o ano 2006, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións e entidades sen fins de lucro para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización da industria galega.

No Diario Oficial de Galicia nº 111, do 12 de xuño de 2006, publicouse a Orde do 31 de maio de 2006 pola que se establecen as bases e se procede á convocatoria para o ano 2006, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións e entidades sen fins de lucro para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización da industria galega.

No artigo 15, parágrafo primeiro da devandita orde, establécese que o beneficiario terá de prazo para proceder á xustificación do investimento ata o 3 de novembro de 2006, inclusive.

Tendo en conta que o elevado número de solicitudes motivou un dilatado proceso de revisión administrativa dos respectivos expedientes, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

Na súa virtude e en uso das facultades que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 15 parágrafo primeiro da Orde do 31 de maio de 2006 pola que se establecen as bases e se procede á convocatoria para o ano 2006, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións e entidades sen fins de lucro para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización da industria galega que queda redactado como se expón a continuación:

«O beneficiario terá de prazo para proceder á xustificación do investimento ata o 20 de novembro de 2006, inclusive».

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor ao día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2006.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria