DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 09 de outubro de 2006 Páx. 15.039

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 28 de setembro de 2006 pola que se modifican os artigos 8 e 10, respectivamente, das ordes do 13 de marzo de 2006 (Diario Oficial de Galicia do 23 de marzo), pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2006 de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia, e do 15 de marzo de 2006 (Diario Oficial de Galicia do 27 de marzo), pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2006 de subvencións para a adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo, en desenvolvemento do plan de renovación e mellora do comercio galego.

Por Orde do 13 de marzo de 2006 aprobáronse as bases reguladoras e procedeuse á convocatoria para o ano 2006, de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Orde do 15 de marzo de 2006 aprobáronse as bases reguladoras e procedeuse á convocatoria para o ano 2006, de subvencións para a adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo, en desenvolvemento do plan de renovación e mellora do comercio galego.

Nos artigos 10 e 8, respectivamente, das devanditas ordes, establécese que as subvencións concedidas faranse efectivas unha vez que presente o beneficiario a documentación acreditativa do investimento obxecto da subvención, con datas límite os días 31 e 2 de outubro de 2006, tamén respectivamente.

Tendo en conta o atraso producido na resolución das devanditas axudas, motivado polo volume de solicitudes presentadas e polo longo proceso de avaliación, e co fin de viabilizar os procesos de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar os referidos artigos, polo que

DISPOÑO:

A modificación, no referente ao prazo de presentación da documentación acreditativa do investimen

to obxecto da subvención, dos artigos dez e oito, respectivamente, das ordes do 13 de marzo de 2006, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2006 de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia, e do 15 de marzo de 2006, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2006, de subvencións para a adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo, en desenvolvemento do plan de renovación e mellora do comercio galego, do seguinte xeito:

O prazo establecerase na resolución de concesión de cada axuda que, en todo caso, non poderá ser posterior ao 15 de novembro de 2006.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2006.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria