DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 09 de outubro de 2006 Páx. 15.038

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de setembro de 2006 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria número 2 de Ordes na provincia da Coruña.

Tendo en conta o artigo 3.1º, do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do instituto de educación secundaria que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ordes.

Localidade: Ordes.

Código de centro: 15027939.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria nº 2.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Maruxa Mallo.