DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 09 de outubro de 2006 Páx. 15.038

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 31 de xullo de 2006 pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de materiais curriculares, para niveis non universitarios, así como a edición de material para a formación de adultos en lingua galega, realizados en formatos visuais ou audiovisuais, sobre soportes impresos ou dixitais, ao abeiro do concurso público convocado na Orde do 7 de marzo de 2006.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 150, do 4 de agosto de 2006, cómpre efectuar as oportunas correccións:

Na páxina 12.324, anexo II, expediente 2006/000006-0, onde di: «Artigo 4.3», debe dicir: «Artigo 4.2». Igualmente no anexo II, expediente nº 2006/000007-0, onde di: «Artigo 4.4», debe dicir: «Artigo 4.2».

Na páxina 12.325, engádese a seguinte liña: «expediente nº 2006/000292-0; solicitante, Allegue, C.B.; título: Dicionario escolar, galego-inglés/inglés-galego e sinónimos; motivo de denegación: artigo 5.1».

Na mesma páxina, na columna da dereita, expediente nº 2006/000303-0, onde di: «Incompleto», debe dicir: «Artigo 5.1».

Igualmente na columna da dereita da páxina 12.325, expedientes nº 2006/000373-0, nº 2006/000374-0, nº 2006/000375-0 e nº 2006/000376-0, onde di: «Incompleto», debe dicir: «Artigo 5.1».