DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 09 de outubro de 2006 Páx. 15.038

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 4 de outubro de 2006 pola que se modifica a do 6 de abril de 2006, pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para investimento, mantemento e promoción de actividades e programas de servizos sociais e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 6 de abril de 2006, pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para investimento, mantemento e promoción de actividades e programas de servizos sociais e se procede á súa convocatoria (DOG nº 77, do 21 de abril), establece, no seu artigo 5, un importe total dispoñible para o exercicio 2006 de 3.794.098 A. destinado ao financiamento das subvencións que ao abeiro desta poderán ser concedidas aos seus solicitantes, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria.

En consecuencia, e ante a existencia de dispoñibilidades orzamentarias que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar de novo o importe dos créditos correspondentes ao exercicio 2006 destinados ao financiamento das subvencións que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 6 de abril de 2006, na contía adicional de 793.812 A, coa finalidade de facer chegar as ditas subvencións ao maior número de beneficiarios posibles en contía suficiente para garantir unha axeitada prestación dos servizos sociais.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Amplíase o importe total correspondente ao exercicio 2006 destinado ao financiamento das subvencións que se van conceder ao abeiro da Orde do 6 de abril de 2006, pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para investimento, mantemento e promoción de actividades e programas de servizos sociais e se procede á súa convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria:

05.31.212A.780.2 por importe de 793.812 A.

2. A presente modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira

Única.-Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 4 de outubro 2006.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA