En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,
DISPOÑO:
Artigo único.-Noméase membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a Pedro González Boquete, e como membro suplente a Javier Iglesias Fernández, en representación de Unións Agrarias.
Santiago de Compostela, vinte e dous de setembro de dous mil seis.
Emilio Pérez Touriño
Presidente