DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 03 de outubro de 2006 Páx. 14.809

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de setembro de 2006 pola que se lle autoriza a ampliación de dúas unidades de educación infantil ao centro privado Obradoiro da Coruña.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Obradoiro da Coruña, no cal solicita a ampliación de dúas unidades de educación infantil.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, quen o remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro (BOE do 10 de decembro), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación infantil.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Autorizar a ampliación de dúas unidades de educación infantil ao centro privado Obradoiro da Coruña, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia nas unidades que se amplían.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: r/ Feáns, 152.

Denominación: centro privado Obradoiro.

Titular: Promotora Educativa Coruñesa, S.L.

Código do centro: 15022498.

Nivel: educación infantil.

Unidades de que constaba: 4.

Unidades novas autorizadas: 2.

Composición resultante:

Educación infantil: 6 unidades.

Educación primaria: 12 unidades.

Educación secundaria:

8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

4 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e a de humanidades e ciencias sociais.

AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO

DE GALICIA