DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2006 pola que se anuncia concurso, trámite de urxencia, para a contratación de diversas obras do POL e PPC 2006.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación das seguintes obras polos tipos de licitación que se detallan, IVE incluído.

1. E.P. 7103 Cerdedo-Castro Quireza (Cerdedo) (POL 2006): 450.000,00 A.

2. E.P. 0002 Tomeza-Figueirido (Vilaboa) (POL 2006): 258.815,05 A.

3. Variante do acceso a Lira E.P. Leirado-Lira (Salvaterra) (PPC 2006): 458.000,00 A.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: obra nº 1: grupo A, subgrupo 2, categoría d; obra nº 2: grupo G, subgrupo 4, categoría d; obra nº 3: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Prazo de presentación de proposicións: o prazo para a presentación de proposicións é de trece días naturais contados a partir do seguinte ao da última publicación do anuncio no BOP ou DOG, no rexistro xeral da deputación provincial en horario das 9.00 ás 13.00 horas.

Apertura de plicas: terá lugar no Pazo Provincial ás 11.00 horas do terceiro día hábil seguinte ao día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas.

Información e obtención de documentación: o prego de cláusulas económico-administrativas e demais documentación, están á disposición dos interesados no Servizo de Contratación da deputación todos os días hábiles, das 9.00 ás 13.00 horas. Teléfono: 986 80 41 01 e na páxina web: www.depontevedra.es.

Pontevedra, 22 de setembro de 2006.

O presidenteO secretario

Rubricado Rubricado