DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.803

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2006 pola que se resolve a convocatoria do concurso específico entre funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes na corporación, publicada no Diario Oficial de Galicia número 111, do 12 de xuño de 2006.

De conformidade co establecido nas bases da convocatoria do concurso específico entre funcionarios para prover postos de traballo vacantes nesta corporación, publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 111, do 12 de xuño de 2006, resolver o devandito concurso e, por proposta das comisións de valoración nomeadas para o efecto, designaranse os funcionarios que figuran deseguido para cubrir os postos que, así mesmo, se indicaran:

POSTO DE TRABALLOADSCRICIÓNAPELIDOS E NOME

DNI

XEFATURA DE SECCIÓN DE PLANIFICACIÓNSERVIZO DE PLANIFICACIÓN E XESTIÓN DE R. HUMANOSFERNÁNDEZ GÓMEZ, Mª JOSÉ

32402134-X

XEFATURA DE NEGOCIADO DE PATRIMONIO E EXPROPIACIÓNSSERVIZO DE PATRIMONIO E CONTRATACIÓNLÓPEZ ROMERO, FE

32635583-D

XEFATURA DE NEGOCIADO DE CONTRATOS ESPECIAIS E CONVENIOSSERVIZO DE PATRIMONIO E CONTRATACIÓNVIDAL GÓMEZ DE TRAVECEDO, Mª DEL CARMEN

32771295-K

O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, se se trata da mesma localidade en que preste os seus servizos o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade.

Contra esta resolución que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Presidencia desta deputación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou directamente interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados tamén a partir do día seguinte ao da devandita publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o disposto no artigo 46.1º, en relación co 8.1º da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición; sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente por parte dos interesados.

A Coruña, 22 de setembro de 2006.

Salvador Fernández MoredaJosé Luis Almau Supervía

Presidente da DeputaciónSecretario da Deputación

Provincial da CoruñaProvincial da Coruña