DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.803

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2006 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto, para a contratación da asistencia á deputación para a posta en marcha do Plan piloto de mellora de calidade turística de Portodemouros. (Expediente 9038/2006).

Obxecto: contratación da asistencia á deputación para a porta en marcha do Plan piloto de mellora de calidade turística de Portodemouros.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: dous anos desde outubro de 2006. Poderá prorrogarse de forma expresa e con carácter anual e por un máximo de dous anos.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o orzamento máximo do contrato será de 60.000 euros anuais (IVE incluído).

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo da adxudicación.

Información: Servizo de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13.00 horas do prazo de 15 días naturais contado desde o seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 21 de setembro de 2006.

Salvador Fernández MoredaJosé Luis Almau Supervía

Presidente da DeputaciónSecretario da Deputación

Provincial da CoruñaProvincial da Coruña