O Concello de Vimianzo convoca o proceso de licitación para adxudicar, por procedemento aberto e trámite urxente, mediante concurso público, o contrato de obras denominado limpeza, formación de cunetas e reforzo de firme nos camiños do monte da parroquia de Tines.
É obxecto da contrata a execución da obra reflectida no proxecto técnico aprobado polo concello no Plan de investimentos locais e coa identificación precedente.
O prazo de execución é de tres meses.
O orzamento de licitación é de 139.139,38 euros.
Clasificación exixida: grupo G, subgrupo 6, categoría d.
As ofertas presentaranse nos termos establecidos no prego de cláusulas económico-administrativas particulares, no prazo de trece (13) días naturais desde a publicación do anuncio de licitación en modelo normalizado no BOP.
Máis información: Concello de Vimianzo.
Teléfono: 981 71 60 01; fax: 981 71 66 50.
Web: www.vimianzo.es
Vimianzo, 26 de setembro de 2006.
Alejandro Rodríguez Lema
Alcalde