DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Vimianzo convoca o proceso de licitación para adxudicar, por procedemento aberto e trámite urxente, mediante concurso público, o contrato de obras denominado limpeza, formación de cunetas e reforzo de firme nos camiños do monte da parroquia de Serramo.

É obxecto da contrata a execución da obra reflectida no proxecto técnico aprobado polo concello no Plan de investimentos locais e coa identificación precedente.

O prazo de execución é de tres meses.

O orzamento de licitación é de 144.283,64 euros.

Clasificación exixida: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

As ofertas presentaranse nos termos establecidos no prego de cláusulas económico-administrativas particulares, no prazo de trece (13) días naturais desde a publicación do anuncio de licitación en modelo normalizado no BOP.

Máis información: Concello de Vimianzo.

Teléfono: 981 71 60 01; fax: 981 71 66 50.

Web: www.vimianzo.es

Vimianzo, 26 de setembro de 2006.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde