DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado por acordo da Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 14 de agosto de 2006, o prego de cláusulas administrativas particulares e os de prescricións técnicas que rexerán no concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, para contratar os servizos de asistencia na xestión tributaria,

censual, inspectora e recadatoria do concello, anúnciase o seguinte acordo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Departamento de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: contratación dos servizos de asistencia na xestión tributaria, censual, inspectora e recadatoria do concello.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 1.046.298,49 euros.

5. Garantías:

a) Provisoria: 20.925,97 euros.

b) Definitiva: 41.851,94 euros.

c) Complementaria: 62.777,91 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Redondela (Departamento de Contratación).

b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2 baixo cuberta.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación. grupo L: servicos administrativos; subgrupo 2; servizos de xestión de cobramento; categoría c, agás o disposto no artigo 25.2º da LCAP para os empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadrase en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: Alfonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data: o sexto día natural seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas. Se o día cadrase en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

e) hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións:

O modelo de proposición axustarase á cláusula décimo terceira do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario e poderán acadar, como máximo, 1.800 euros.

Redondela, 31 de agosto de 2006.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde