DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OZA DOS RÍOS

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan Parcial Parque Empresarial A Boquela, no lugar de Muruxeses, parroquia de Rodeiro.

O Pleno do Concello de Oza dos Ríos, en sesión celebrada o día 27 de xullo de 2006, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Resolver as alegacións formuladas ao documento do plan parcial nos seguintes termos:

1. Desestimar as alegacións presentadas por Concepción Gómez Quintas, en nome e representación da empresa Caramés Seoane, S.L.

2. Tomar razón da alegación presentada por Antonio Rodríguez Martín en relación coa titularidade do predio nº 1596.

Segundo.-Aprobar definitivamente o Plan Parcial de Parque Empresarial A Boquela, no lugar de Muruxeses, parroquia de Rodeiro, tramitado por instancia de Luis Rodríguez Patiño e Gregorio Calvo Velo, en nome e representación da comisión xestora do polígono da Boquela, redactado polo enxeñeiro de camiños Ángel Delgado Cid, colexiado nº 4657, de abril de 2006, cun orzamento de execución por contrata de 1.477.088,60 euros, coas seguintes condicións:

1. Modificar o Plan de Etapas coa finalidade de fixar un prazo de catro anos para o cumprimento

do deber de edificar, contado desde a recepción das obras de urbanización.

2. Eliminar do punto 1.4 da memoria a previsión de autorización de acceso desde a AC-230 á fábrica de Caramés Seoane, S.L., incluíndo a dita previsión como unha disposición transitoria na normativa do plan parcial, ata tanto non sexa revogada a autorización concedida polo organismo titular da estrada.

3. Na páxina 46 suprimir do artigo 13, parágrafo segundo, o seguinte: «e completar, se é o caso, a rede de comunicacións definida no plan parcial con aquelas vías interiores que resulten necesarias para proporcionar acceso aos edificios cuxa ordenación concreta se estableza no propio estudo de detalle».

4. Na páxina 64 suprimir o inciso «que poderá ser en terreos ou en metálico, tal e como establece o artigo 177.2º da L9/02».

Terceiro.-Publicar o acordo no Diario Oficial de Galicia e o documento que contén a normativa e as ordenanzas, así como o acordo correspondente no BOP.

Cuarto.-Comunicar a aprobación definitiva á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, ao tempo que se lle dará traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan.

En cumprimento do disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acto de aprobación definitiva do citado plan parcial foille comunicado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes con data do 31 de agosto de 2006.

De acordo co sinalado no artigo 92.2º da citada lei, o texto íntegro da normativa publicouse no BOP nº 200, do día 31 de agosto de 2006.

Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que se coide oportuno.

Oza dos Ríos, 31 de agosto de 2006.

José Ramón Peón Pérez

Alcalde