DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

En cumprimento co disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra pública:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Infraestruturas.

c) Número de expediente: ref. 1759.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de obra.

b) Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de creación de parque público no sector A6.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP nº 123, do 31 de maio de 2006, e Diario Oficial de Galicia nº 107, do 6 de xuño de 2006.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Adxudicación:

a) Data: 27 de xullo de 2006.

b) Contratistas: UTE: Uicesa, S.A., Suso Fernández, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 390.700,73 euros.

Ourense, 3 de agosto de 2006.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde