DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de adxudicación.

Resolución do concello de Ourense para a contratación da conservación, mantemento e mellora das zonas verdes públicas do barrio da Ponte no municipio de Ourense.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio e Contratación.

c) Número de expediente: 5/2006.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da conservación, mantemento e mellora das zonas verdes públicas do barrio da Ponte no municipio de Ourense.

b) Boletíns e data de publicación do anuncio de licitación: BOP de Ourense nº 52, do 4 de marzo de 2006, Diario Oficial de Galicia nº 59, do 24 de marzo de 2006.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total: cento sesenta mil cento setenta e oito con setenta e nove (160.178,79) euros.

5. Adxudicación:

a) Data: 27 de xuño de 2006.

b) Contratista: Cespa, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: cento cincuenta e catro mil catrocentos corenta e catro con cincuenta e seis (154.444,56) euros.

Ourense, 18 de xullo de 2006.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde