DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de licitación de mantemento de estación depuradora de augas residuais urbanas e estacións de bombeo a esta.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Enderezo: praza da Constitución, 1, CP: 36680, teléfono 986 57 01 65 (extensión 320), fax: 986 57 02 33. Obxecto: prestación de servizo de mantemento da estación depuradora de augas residuais urbanas e estacións de bombeo a esta. Dependencia que tramita o expe

diente: Secretaría Xeral. Nº de expediente: 25. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Orzamento base de licitación: 479.881,60 euros por dous anos naturais contados a partir da adxudicación do contrato. Garantías: fianza provisoria: 9.597,63 euros. Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación. Empresas licitadoras: persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que teñan plena capacidade de obrar e xustifiquen a clasificación nos grupos: grupo O, subgrupo 4, categoría B; Documentación que hai que presentar: 3 sobres. Sobre 1: coa documentación; sobre 2: proposición económica; sobre 3: documentación técnica, na forma establecida no prego de cláusulas administrativas. Presentación de propostas: no rexistro xeral das 9.00 ás 14.00 horas nos 15 días naturais contados a partir da última publicación do anuncio no BOP ou no DOG. Data límite para solicitar documentación: ata o día anterior ao último de presentación de plicas. Apertura de plicas: terá

lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ao remate do prazo sinalado para a presentación de plicas. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. Información: pregos íntegros en www.aestrada.com> O CONCELLO > Atención ao cidadán > Contratacións e pregos de condicións, ou na Secretaría Xeral do Concello. Características técnicas: ver en Secretaría ou solicitar por fax.

A Estrada, 11 de setembro de 2006.

Ramón Campos Durán

Alcalde