DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

CORRECCIÓN de erros.-Anuncio de concurso (referencia O-64/2006).

Rectíficase o anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia do 28 de setembro de 2006, páxina 14.678, relativo ao concurso para a contratación da execución das obras comprendidas no proxecto de mellora das infraestruturas na Cidade Vella-2ª fase: lousado de granito nos soportais da praza de María Pita, escaleiras de Marqués de Cerralbo e avda. de Porta de Aires, no sentido de que, no punto 7. Clasificación: o licitador deberá ter a clasificación: G-6-e).

Segundo o artigo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos, o prazo de presentación de ofertas será de 26 días contados desde o seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de setembro de 2006.

P.D.

Mª Nieves Vázquez Novo

Tenente alcalde, delegada de Contratación