Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Niña e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito do 3-4-2006, Carlos Paz Nogueira, en representación da comunidade de herdeiros de José Paz Nogueira e Virginia Nogueira Conde, solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Niña.
Segundo.-O interesado achegou a documentación requerida para a tramitación.
Terceiro.-Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente, son favorables.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Segundo.-O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Carlos Paz Nogueira (35429895-M), da concesión que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Niña.
Localización:
Cuadrícula nº: 227.
Polígono: B.
Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Especies autorizadas:
Mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 22-3-1961.
Remate da vixencia: 4-4-2016.
Actuais titulares: José Paz Nogueira e Virginia Nogueira Conde.
Novo titular: Carlos Paz Nogueira (35429895-M).
O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 12 de xuño de 2006.
P.D. (Orde 27-12-2005,
DOG nº 4, do 5 de xaneiro)
Mª Ángeles A. Montero López
Delegada territorial de Pontevedra