Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Cambadesa VII e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito con data do 13-3-2006, Marcelina Castro González, en representación da comunidade de herdeiros de Joaquín Alcalde Neira, solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Cambadesa VII.
Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro.-Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, y coa Orde do
14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Segundo.-O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Marcelina Castro González (76467575-G), José Luis Alcalde Castro (76497097-V) e Mª Carmen Alcalde Castro (76509621-Y), da concesión que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Cambadesa VII.
Localización:
Cuadrícula nº: 24.
Polígono: A.
Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Especies autorizadas:
Mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 11-5-1964.
Remate da vixencia: 21-4-2014.
Actuais titulares: Marcelina Castro González (76467575-G) e Joaquín Alcalde Neira.
Novos titulares: Marcelina Castro González (76467575-G), José Luis Alcalde Castro (76497097-V) e Mª Carmen Alcalde Castro (76509621-Y).
Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da
Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 27 de abril de 2006.
P.D. (Orde 27-12-2005,
DOG nº 4, do 5 de xaneiro)
Mª Ángeles A. Montero López
Delegada territorial de Pontevedra