DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2006, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso para o equipamento de conmutación de nivel 3 para a rede de diagnóstico e imaxe clínica do Servizo Galego de Saúde (CPS062/06).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: CPS062/06.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: equipamento de conmutación de nivel 3 para a rede de diagnóstico e imaxe clínica do Servizo Galego de Saúde.

b) Número de unidades para entregar: ver prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de entrega: ver epígrafe 7 da folla de especificacións.

e) Lugar de entrega: ver epígrafe 14 da folla de especificacións.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: douscentos trinta e seis mil cincuenta euros (236.050 A).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo Galego de Saúde.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 27 87.

e) Telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: ver epígrafe 16 da folla de especificacións.

b) Solvencia técnica e profesional: ver epígrafe 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). No caso de que o día sinalado coincida en domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

b) Documentación para presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (ver epígrafe 19 da folla de especificacións).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9.00 horas a.m. na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do décimo cuarto día contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

11. Gastos de anuncios: ver epígrafe 20 da folla de especificacións.

12. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2006.

Ana Fernández Pulpeiro

Directora xeral da División de Recursos

Económicos