DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2006, da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de sanidade animal SAN-OU-0002/2006-MP.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), e por ser devolta polo servizo de correos por mor de resultar descoñecido no domicilio, notifícaselle ao interesado José Francisco Barros Dias de Acebedo, que ten os datos persoais e o último domicilio coñecido que figuran no anexo, a resolución do expediente sancionador en materia de sanidade animal SAN-OU-0002/2006-MP.

O interesado poderá examinar a resolución completa no Servizo de Sanidade Animal da Consellería do Medio Rural situada en San Caetano s/n, CP 15781 Santiago de Compostela.

Contra a resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2006.

Antonio Santiago Oca Fernández

Director xeral de Produción, Industrias

e Calidade Agroalimentaria

ANEXO

Expediente nº: SAN-OU-0002/2006-MP.

Denunciado: José Francisco Barros Dias de Acebedo.

Último enderezo coñecido: Montemaior. San Miguel-Vilaverde (Portugal).

Feito denunciado: non ter o libro de movemento pecuario.

Data do acordo de incoación: 12-1-2006.

Resolución: declárase caducado o expediente sancionador SAN-OU-0002/2006-MP, seguido contra José Francisco Barros Dias de Acebedo, e ordénase o arquivo do actuado, sen prexuízo de que se poida incoar un novo procedemento sancionador, se non prescribise a infracción.