DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2006, da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de sanidade animal SAN-CO-029/2006-P.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), e por ser devolta polo servizo de correos por mor de resultar descoñecido no domicilio, notifícaselle ao interesado Premix Ibérica, S.A., que ten os datos persoais e o último domicilio coñecido que figuran no anexo, a resolución do expediente sancionador en materia de sanidade animal SAN-CO-029/2006-P.

O interesado poderá examinar a resolución completa no Servizo de Sanidade Animal da Consellería do Medio Rural, situada en San Caetano s/n, CP 15781, Santiago de Compostela.

Contra a resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; transcorrido este prazo sen presentar o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza na vía administrativa, sendo inmediatamente executiva de conformidade co previsto polo artigo 138.3º da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2006.

Antonio Santiago Oca Fernández

Director xeral de Produción, Industrias

e Calidade Agroalimentaria

ANEXO

Expediente nº: SAN-CO-029/2006-P.

Denunciado: Premix Ibérica, S.A.

Último enderezo coñecido: polígono industrial Los Gallegos. R/ Alondra, 19-20. 28946 Fuenlabrada. Madrid.

Feito denunciado: irregularidades na etiquetaxe dun produto destinado á alimentación animal.

Data do acordo de incoación: 3-3-2006.

Preceptos infrinxidos: artigo 15.1º, alínea i); artigo 17.4º e artigo 19 do Real decreto 56/2002, do 18 de xaneiro. Artigo 4.2º.5 do Real decreto 1945/1983.

Preceptos sancionadores: artigos 10.1º e 10.2º do Real decreto 1945/1983.

Sanción: 601,02 euros de multa. Ordénase o arquivo de todo o actuado no procedemento seguido contra Premix Ibérica, S.A. por terse producido con data do 24 de maio de 2005 o pagamento voluntario da sanción imposta.