DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2006, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador ICA-OU-32/2006-VI.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade mercantil que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción en materia de defensa da calidade agroalimentaria, ao non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instrutora do procedemento a Mª Isabel Biempica González, podendo os interesados promover a súa recusación en calquera momento da tra

mitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da devandita lei.

O órgano competente para a resolución do procedemento é o director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, de acordo co disposto no Decreto 24/1984, do 23 de febreiro, polo que se regulan os órganos competentes para a imposición de sancións por infraccións cometidas en materia de produción agroalimentaria.

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución é de seis meses contados desde a data deste acordo de iniciación (artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, en relación co artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro).

Concédeselle ao interesado un prazo de quince días para que poida examinar o expediente na Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural en Ourense, r/ Florentino L. Cuevillas, nº 4-6, baixo, e formular as alegacións que considere convenientes, de conformidade co disposto no artigo 16 do Real decreto 1398/1993 (citado), coa advertencia de que, de non efectuar alegacións, o acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución (artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993).

Ourense, 5 de setembro de 2006.

Xosé Rodríguez Cid

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: ICA-OU-32/2006-VI.

Denunciado: Vinagrerías del Noroeste, S.L.

CIF: B-32314361.

Último enderezo coñecido: estrada de Barra de Miño, nº 1, 32001 Ourense.

Feito denunciado: defectos na etiquetaxe e na acidez total dos vinagres elaborados.

Data do acordo de incoación: 7-7-2006.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 39.1º j) da Lei 24/2003, do 10 de xullo, da viña e do viño.

Precepto sancionador: artigo 42.2º da citada lei.

Sanción: 2.001 euros.