DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2006, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica da liña de media tensión, centro de transformación e rede de baixa tensión de Sandolfe, concello de Monterroso. (Expediente 002/2004 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa Distribución S.A., con domicilio para os efectos de notificación na avda. Arteixo 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública,en concreto, da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Visto que durante o prazo en que se someteu o expediente ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que, ao seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha limitación sobre as predios en expropiación, a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000 en relación co artigo 57 da Lei 54/1997.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, o Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e vista

a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña eléctrica de media tensión aérea núa ao centro de transformación Sandolfe con orixe na liña de media tensión existente Frameán-Prisión de Monterroso e remate no centro de transformación de Sandolfe, de 0,577 metros de lonxitude, a 20 kV sobre apoios de formigón, en condutor LA-56/54,6 mm.

2. Centro de transformación intemperie de Sandolfe, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20 kV/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea en Sandolfe de 0,824 km de lonxitude, con orixe no centro de transformación de Sandolfe, sobre apoios de formigón en condutor R.Z.

Segundo.-Declarar a utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, da necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso o servizo público ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou, de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servizos de estos e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ao proxecto de execución denominado liña de media tensión, centro de transformación e rede de baixa tensión de Sandolfe, e us seus anexos asinados polo enxeñeiro industrial Rubén Menéndez Fernández e visados polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, A Coruña co número 388/2004 o día 10-3-2004, 1303 o día 16-5-2006 e 2177 o día 29-8-2005 respectivamente, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000 e visto o contido do informe técnico do día 23 de maio de 2006.

Esta autorización outórgase sen perxuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios en relación coas instalacións autorizadas.

Cuarto.-En cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, acordo que o representante da Administración lle dea comezo, na data e na hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso do 15 de xuño, no Diario Oficial de

Galicia do 21 de xullo e no BOP de Lugo do 22 de xuño de 2006, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Monterroso. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formular as alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial (edificio administrativo da Xunta de Galicia, rolda da Muralla 70, Lugo).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación nos termos establecidos no artigo 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/ 1999, do 13 de xaneiro. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 6 de setembro de 2006.

P.S. (Artigo 18 do Decreto 552/2005)

José Antonio Villamayor Filloy

Secretario provincial de Lugo