DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2006, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da subestación 132/15 kV porto exterior de Ferrol, no termo municipal de Ferrol (A Coruña). (Expediente 162/2006).

Examinado o expediente instruído por instancias da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para efectos de notificación na avda. de Arteixo 171, 15707 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 18 de abril de 2006 a citada empresa solicita a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 122 e 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Subestación de simple barra en 132 kV e 15 kV, cun transformador de 15 MVA dotada de:

-Un edificio que alberga as celas blindadas de 132 kV, onde se realizará a conexión da subestación

coas subestacións de Santa Mariña e Cornido, a través dunha liña DC 132 kV, que se conectará o circuíto I da actual liña Cornido-Santa Mariña.

-Un edificio que albergará un transformador de servizos auxiliares de 50 kVA, as celas blindadas de 15 kV, o cadro de distribución de baixa tensión, as baterías de 125 e 48 V (c.c.) e os equipos de telecomunicacións e control.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións, a trámite de información pública mediante Resolución do 13 de xuño de 2006, publicada no Diario Oficial de Galicia do 28-6-2006, no BOP da Coruña do 29-6-2006 e na Delegación Provincial da Coruña.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras o servizos, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A Delegación Provincial da Coruña emitiu informe favorable sobre a solicitude deste expediente.

Fundamentos de feito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; Decreto 211/2005, do 3 de agosto, e 232/2005, do 11 de agosto, nos que se fan a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos departamentos desta (Diario Oficial de Galicia nº 149 e 155, do 4 e do 12 de agosto, respectivamente), Decreto 552/2005, do 20 de outubro (Diario Oficial de Galicia nº 214, do 8 de novembro) polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria, Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión, aprobado polo Decreto 3151/1968, do 28 de novembro e, en concreto, no seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio as competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a subestación 132/15 kV porto exterior de Ferrol, no termo municipal de Ferrol (A Coruña).

2. Aprobar o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2006.

Anxo Ramón Calvo Silvosa

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas