DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2006, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do Acordo do 19 de xullo de 2006, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Fojo 2749.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (Diario Oficial de Galicia nº 188, do

25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante esta publicación, ao Acordo do 19 de xullo de 2006, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Fojo número 2749, sita en terreos do termo municipal de Tui (Pontevedra), nos lugares de Paredes, Rebordáns e outros na parroquia de Ribadelouro, e foi promovido pola sociedade Compañía Ibérica de Granitos, S.A.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, aos labores de explotación que se levarán a cabo nunha superficie total de 9,14 ha, dentro do espazo outorgado para a concesión de 3 cuadrículas mineiras, e foi incorporada ao expediente da concesión Fojo número 2749, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 28 de agosto de 2006.

Montserrat Prado Cores

Delegada provincial de Pontevedra