DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2006, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación do contrato da obra que se cita.

En cumprimento do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), faise público que o secretario xeral, actuando en nome da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 26 de agosto de 2005, acordou darlle publicidade á adxudicación que se indica a continuación:

1. Obra de construción da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

1.1. Adxudicatario: Acciona Infraestructuras, S.A.

1.2. Orzamento: 1.849.110,09 euros.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2006.

Benito Fernández Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria