DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.782

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

CÉDULA do 8 de agosto de 2006, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se comunica o acordo de execución forzosa mediante a imposición da vixésimo oitava multa coercitiva derivada dos expedientes sancionadores e de restitución e de reposición da legalidade en materia de costas ES/13-90/BA e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, comunícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o acordo de execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas.

Na súa virtude, e de conformidade co establecido no artigo 99 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; en relación cos artigos 107.3º da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas e 199 do seu regulamento, por medio desta notificación, requíreselles para que no prazo dun mes, procedan á restitución ordenada e así o acrediten documentalmente ante este órgano administrativo, apercibíndolles que, noutro caso, se acordará a imposición de sucesivas multas coercitivas, por períodos dun mes, na contía que legalmente corresponda.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada, perante a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación da presente notificación no DOG, conforme o establecido nos artigos 48, 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 8 de agosto de 2006.

P.S. (Art. 14 D. 519/2005, do 6 de outubro;

DOG do 14 de outubro)

Marta Pérez López

Secretaria provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: ES/13-90/BA.

Interesado: José Manuel Durán Paradela.

DNI: 76612967.

Último enderezo coñecido: rolda das Fontiñas, 172-1º, 27002 Lugo.

Data da notificación: 5 de xullo de 2006.

Acordo: imposición da vixésimo oitava multa coercitiva por importe de 384,61 euros equivalente ao 20% da sanción imposta, que será reiterada por lapso

de tempo dun mes ata que cumpra co ordenado, na resolución do expediente ES/13-90/BA.

Lugar: Barreiros (Lugo).

Expediente: ES/18-98/BA.

Interesado: Jesús Seijas Gómez.

DNI: 33765455.

Último enderezo coñecido: estrada de Santiago, 164, 27004 Lugo.

Data da notificación: 5 de xullo de 2006.

Acordo: imposición da vixésimo oitava multa coercitiva por importe de 216,36 euros equivalente ao 20% da sanción imposta, que será reiterada por lapso de tempo dun mes ata que cumpra co ordenado na resolución do expediente ES/18-98/BA.

Lugar: Barreiros (Lugo).

Expediente: ES/28-95/BA.

Interesado: Marcelino Arango Bermúdez.

DNI: 11363761-J.

Último enderezo coñecido: Monte Naranco, 20-3º B. Pola de Siero 33510 Asturias.

Data da notificación: 5 de xullo de 2006.

Acordo: imposición da vixésimo oitava multa coercitiva por importe de 51,69 euros equivalente ao 20% da sanción imposta, que será reiterada por lapso de tempo dun mes ata que cumpra co ordenado na resolución do expediente ES/28-95/BA.

Lugar: Barreiros (Lugo).

Expediente: ES/12-99/FO.

Interesado: Manuel Fiallega Martínez.

DNI: 33769422.

Último enderezo coñecido: Villarmeá, 14, 27780 Foz (Lugo).

Data da notificación: 5 de xullo de 2006.

Acordo: imposición da vixésimo oitava multa coercitiva por importe de 91,95 euros equivalente ao 20% da sanción imposta, que será reiterada por lapso de tempo dun mes ata que cumpra co ordenado na resolución do expediente ES/12-99/FO.

Lugar: Foz (Lugo).