DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.781

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2006 pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dunha asistencia para desenvolver sistemas informáticos corporativos para o impulso das técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas nas relacións dos cidadáns coa Administración autonómica galega.

1. Obxeto: contratación dunha asistencia para desenvolver sistemas informáticos corporativos para o impulso das técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas nas relacións dos cidadáns coa Administración autonómica galega.

2. Orzamento de licitación: 190.400 euros, IVE incluído.

3.Prazo de execución: o prazo de execución é ata o 31 de decembro de 2006.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.A.L., r/ Praza de Mazarelos 14, 15703 Santiago de Compostela, teléfono: 981 58 54 55, mediante o aboamento do importe que corresponda.

Así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=7181

5. Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 4 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

6. Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

7. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

8. Fianza definitiva: 4 % do orzamento de adxudicación.

9. Modelo de proposición: o que figura como anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Prazo de presentación de proposicións: o prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte de contar 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para a contratación dunha asistencia para desenvolver sistemas informáticos corporativos para o impulso das técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas nas relacións dos cidadáns coa Administración autonómica galega, que presenta D/Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

11. Apertura de proposicións: en acto público, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas, a partir das 13.00 horas do día que resulte de contar 8 días naturais a partir do día seguinte ao do peche de presentación de proposicións que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe do anuncio relativo ao presente concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2006.

Juan José Gómez Romero

Director xeral de Calidade e Avaliación

das Políticas Públicas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES