DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.778

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 21 de setembro de 2006 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada por Orde do 14 de xuño de 2006 (Diario Oficial de Galicia número 123, do 28 de xuño).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería

de Traballo, mediante Orde do 14 de xuño de 2006 (DOG nº 123, do 28 de xuño), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 14 de xuño de 2006.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se, na data en que debe cesar no seu destino, o funcionario está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-O xefe do centro en que cause baixa o funcionario, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2006.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo

ANEXO

NRP: 3526346235A2069.

Grupo: A.

Corpo/escala: xeral.

Apelidos e nome: Torres Pombo, Jesús.

Código do posto: AS.C99.10.101.36440.001.

Denominación: xefe de Servizo de Seguridade e Saúde Laboral.

Nivel: 28.

Dependencia: Gabinete de Seguridade e Saúde Laboral de Rande.

Localidade: Redondela.