DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.777

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 25 de setembro de 2006 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacante nesta consellería, pola Orde do 25 de agosto de 2006 (DOG nº 168, do 31 de agosto), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 25 de agosto de 2006 (DOG nº 168, do 31 de agosto).

Segundo.-Adxudicarlles destino, no posto de traballo que se indica, ás persoas que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obteña praza e a toma de posesión da praza adxudicada efectuaranse nos prazos establecidos no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2006.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural

ANEXO

-NRP: 3496231535 A2053.

Apelidos e nome: Castro López, Begoña.

Grupo: C.

Código do posto: AGC050000015770002.

Denominación: secretario/a do director xeral.

Nivel: 18.

Dependencia: Dirección Xeral de Investigación, Tec. e Formación Agroforestal.

Localidade: Santiago de Compostela.

-NRP: 7656790368 A2059.

Apelidos e nome: Fernández Álvarez, María del Carmen.

Grupo: D.

Código do posto: AGC991000027001001.

Denominación: secretario/a do delegado.

Nivel: 18.

Dependencia: Delegación Provincial de Lugo.

Localidade: Lugo.