DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.777

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 22 de setembro de 2006 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería a Orde do 3 de xullo de 2006 (DOG nº 133, do 11 de xullo), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 3 de xullo de 2006 (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Segundo.-Adxudicarlles destino, no posto de traballo que se indica, á persoa que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino da funcionaria que obtén a praza e a toma de posesión da praza adxudicada efectuaranse nos prazos establecidos no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2006.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural

ANEXO

NRP: 4445306324 A2294.

Apelidos e nome: Rodríguez González, Angelita.

Grupo: D.

Código do posto: AGC030000015770001.

Denominación: Secretario/a do director xeral.

Nivel: 18.

Dependencia: Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias.

Localidade: Santiago de Compostela.