DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 02 de outubro de 2006 Páx. 14.776

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2006, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se resolve o concurso público de méritos para a selección de profesorado bolseiro de lingua, literatura e cultura galegas para as seguintes universidades: Complutense de Madrid, Barcelona -Central- e País Vasco (España); Padua (Italia); Trier (Alemaña); Sorbonne Nouvelle París III (Francia); Birmingham, Bangor e Stirling (Reino Unido) e Federal da Bahía (Brasil), convocado mediante Resolución do 21 de xullo de 2006.

A Resolución do 21 de xullo de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 145, do 28 de xullo) establece as bases que regulan o concurso público de méritos para a selección de profesorado bolseiro de lingua, literatura e cultura galegas para as seguintes universidades: Complutense de Madrid, Barcelona -Central- e País Vasco, en España; Padua, en Italia;

Trier, en Alemaña; Sorbonne Nouvelle París III, en Francia; Birmingham, Bangor e Stirling, no Reino Unido e Federal da Bahía, en Brasil.

Visto o informe e a proposta presentados pola comisión de valoración constituída ao abeiro do artigo 8º da devandita resolución, acompañados da aceptación expresa por parte dos candidatos propostos, esta secretaría, en uso das atribucións que lle confire a disposición adicional segunda, letra c), do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

DISPÓN:

Artigo 1º

Nomear profesores/as bolseiros/as de lingua, literatura e cultura galegas, con destino nas universidades que se especifican e coas condicións establecidas na resolución da convocatoria, as persoas relacionadas no anexo I.

Artigo 2º

Declarar deserta a praza da Universidade de Bangor, xa que o único candidato que obtivo a puntuación mínima exixida na convocatoria solicitou en primeiro lugar a Universidade de Trier e obtivo praza na dita universidade.

Artigo 3º

Aprobar a relación de excluídos que se especifica no anexo II, con indicación da causa que orixina a súa exclusión.

Artigo 4º

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o/a titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2006.

María Sol López Martínez

Secretaria xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Nomeamento de profesorado bolseiro de lingua, literatura e cultura galegas

UniversidadeApelidos e nomeNIF

Universidade do País VascoMociño González, Isabel44447042-W

Universidade Complutense de MadridPascual Rodríguez, Roberto44472699-Z

Universidade de BarcelonaVeiga Novoa, Kristal53176359-Z

Universidade Sorbonne Nouvelle París IIIGómez Castro, Sonia34266337-V

Universidade de TrierRaposo Mera, Santiago44812121-W

Universidade de BirminghamNovo Otero, María Fe33318163-H

Universidade de PaduaGonzález Lousada, Francisco53168948-D

Universidade Federal da BahíaFernández Bernárdez, María36172662-X

Universidade de StirlingCid Fernández, Xabier34976779-N

ANEXO II

Relación de excluídos

Apelidos e nomeMotivo

Blanco Carreira, NataliaNon presenta proxecto

Cortizas Leira, AntíaNon acredita a titulación exixida

Díaz González, GuadalupeSolicitude entregada fóra de prazo

Lareu Riveiro, Ramón ÁngelSolicitude entregada fóra de prazo

Loureiro Rodríguez, CristinaRenuncia

Pérez González, DavidNon acredita a titulación exixida